Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sementando Participación 2021-22

O Concello da Coruña, a través do Servizo de Participación Cidadá e Innovación dependente da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación, pon en marcha de novo o proxecto "Sementando Participación". Un programa que levará a cabo en 2021 por cuarto ano consecutivo co obxectivo de xerar un proceso de participación infantil para que as e os menores e adolescentes da cidade coñezan e practiquen técnicas, ferramentas e habilidades para a participación cívica.

Con esta iniciativa, o Concello da Coruña aposta por unha infancia responsable e participativa, ofrecéndolle un espazo propio para expresar as súas ideas e opinións, e a posibilidade de trasladalas ao equipo de goberno.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Participación

Tipo de actividade:

Outras, Complementaria

Titularidade do centro:

Público, Concertado

A quen vai dirixido?:

Alumnado e profesorado de 5º e 6º dos CEIP da Coruña.

Horario:

Formación do profesorado: 4 h. nun día ou 2 h. en dous días.

  • Farase un só grupo con todo o profesorado participante.
  • Farase por semana.

Formación do alumnado: 5 sesións de 50 minutos para cada grupo e 1 acto final conxuntamente con todo o alumnado.

Prezo / Custo:

Gratuíto.

O programa municipal Sementando Participación pretende conseguir que a infancia poida expresar libremente as súas ideas e opinións e que estas sexan tidas en conta e incorporadas nos procesos de toma de decisións en todos os asuntos que lles afectan. A construción dunha voz propia e a consideración da infancia como suxeito colectivo require a incorporación de destrezas, tanto no individual como no colectivo que permitan o exercicio dunha participación efectiva. O Concello da Coruña e a entidade Educo unen esforzo e traballo neste programa que parte da premisa de que a participación cidadá é, ademais dun medio, un procedemento para o empoderamento das persoas, para o exercicio da súa plena cidadanía, do seu dereito á participación que se desenvolve durante toda a vida

Esta proposta está dirixida a alumnado de 5 ºe 6º de Educación Primaria, tendo como obxectivo principal contribuír ao desenvolvemento dunha cidadanía global, crítica e activa na defensa dos dereitos da infancia a través do fortalecemento específico da participación de nenas, nenos e adolescentes. Para isto, nos centros educativos traballarase en dúas liñas:

  • A mellora dos coñecementos e habilidades do alumnado e profesorado para a efectiva participación infantil.
  • A motivación de espazos participativos de encontro do alumnado co equipo de goberno municipal no Concello.

Condicións do programa

  • Pode participar no programa o alumnado de 5º e 6º de EP de centros educativos do termo municipal da Coruña.
  • É condición indispensable que participe no proxecto polo menos un profesor por grupo.

Cando:

Dende o 15/10/2021 ata o 31/12/2021

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 22/09/2021 ata o 15/10/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 22 de setembro ao 15 de outubro de 2021, ambos inclusive

Contacto:

Fundación Educo

Mónica Viqueira Martínez

Tels. 981 200 826 / 607 166 927

monica.viqueira@educo.org

Organiza:

Área de Igualdade, Benestar Social e Participación

Servizo Municipal de Participación Cidadá

participacion@coruna.es | Tel. 981184255

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión