Concello da Coruña

Concello da Coruña

Seminarios de motivación para a procura de emprego 2021-22

Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas ao obxecto de posibilitar que os estudantes de FP dos Institutos de Ensino Secundario do municipio, dispoñan da información e o asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Empleo

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de FP e EE de centros públicos do concello.

O servizo ofrecido é unificado, global e accesible, pensado e deseñado especialmente para a poboación obxectivo e ofrece a este sector poboacional información que permita superar o desfasamento, e por tanto corrixa o descoñecemento existente sobre como optimizar a incorporación á vida laboral.

Condicións do programa

O horario será á petición do centro de ensino. Será aprobado polo Servizo Municipal de Emprego segundo as necesidades horarias do mesmo.

Tamén se pode solicitar realizar o seminario en liña en streaming, con conexión do alumnado desde os seus domicilios.

A duración de cada seminario será de 2 horas.

Darase prioridade a aqueles seminarios que se organicen no primeiro trimestre do curso (ano 2021)

O número de alumnos será dun mínimo de 15 e un máximo de 25. O centro procurará que os grupos sexan o máis homoxéneos posibles e se organícen preferentemente por especialidades. O centro educativo encargarase de:

  • Xestionar as prescricións e confeccionar a listaxe definitiva de asistentes para remitilo ao Servizo Municipal de Emprego.
  • Presenza dun profesor/a durante a impartición do Seminario.
  • Publicitar entre o alumnado o seminario e o calendario previsto.
  • Achegar á aula ou ao local cadeiras e mesas para os asistentes.
  • Dispoñer durante o seminario, para uso do profesorado, de medios audiovisuais tales como retroproxectores ou canóns de vídeo e pantalla.

Cando:

Dende o 01/11/2021 ata o 30/06/2022

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 31/10/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 15 de setembro ao 31 de outubro

Ficha de solicitude específica "Seminario de motivación para a busca de emprego"

Do 15 de setembro ao 31 de outubro

Contacto:

Servizo Municipal de Emprego

Sede: Estrada dos Fortes 16 / Simón Bolívar, 16. Os Rosales (15011)

Ana Colino

Tel. 981 184 399

Fax: 981 184 398

a.colino@coruna.es; emprego@coruna.es

www.coruna.es/emprego

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión