Concello da Coruña

Concello da Coruña

“Sentidiño na rede”: Prevención de adiccións dixitais e uso inadecuado das novas tecnoloxías 2021-22

Os recursos que proporcionan o novas TIC encobren os riscos que pode levar o seu uso inadecuado. O doado acceso ás redes sociais en liña e a maior presenza de dispositivos móbiles con conexión a Internet entre os mozos e mozas fai necesario informar sobre o uso adecuado destas tecnoloxías

Este obradoiro promove o uso responsable e seguro das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) previndo o seu uso excesivo e inadecuado e fomentando, entre os usuarios e usuarias máis novos e novas, o bo uso destas tecnoloxías.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Benestar social

Tipo de actividade:

Complementaria

Titularidade do centro:

Concertado, Privado, Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 2º e 3º de ESO.

Obxecto:

Abordar as seguintes temáticas relacionadas coa prevención de adiccións dixitais:

  • Diferenzas entre uso-abuso-adicción ás novas tecnoloxías.
  • Privacidade, identidade dixital e reputación en liña (acceso a contidos inadecuados, cesión de datos dixitais, suplantación de identidades).
  • Comportamento en liña (convivencia na rede, riscos de comportamentos inadecuados na rede, uso adecuado e seguro de tecnoloxías dixitais, hábitos de uso razoable das TICS)
  • Ciberacoso (sexting, grooming...): identificación de riscos, estratexias de prevención e protección, identificación de mecanismos de denuncia.
  • Promoción de valores e normas. Establecemento dun estilo de vida saudable en relación coas novas tecnoloxías. 

O obradoiro realízase en tres sesións de 50 minutos.

Cando:

Dende o 02/11/2021 ata o 03/06/2022

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral (o centro)

Ficha de solicitude específica "programas educativos do Departamento de Benestar" (o centro)

Contacto:

Servizos Sociais

Teresa González

m.gonzalez@coruna.gal

Recursos humanos:

Impartido por persoal da Asociación cidadá de loita contra as droga (ACLAD).

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión