Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sesións creativas: aprender igualdade creando

Programa educativo composto por sesións que fan uso de ferramentas atractivas, de natureza lúdica, que aproveiten e potencien a creatividade do alumnado destinatario. Estas sesións abordarán diferentes temáticas relacionadas coa promoción da igualdade e a diversidade, axustadas a cada nivel educativo.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria. 1º e 2º de ESO. Formación profesional Básica.

Horario:

Lectivo dos Centros Educativos.

Obxecto:

O programa persegue os seguintes obxectivos:

  • Identificar e analizar cuestións relacionadas coa (des)igualdade, sexismo e violencia de xénero presentes nalgúns contos, banda deseñada, música, publicidade, curtas etc., promovendo que as nenas e os nenos creen as súas propias historias.
  • Identificar crenzas, roles e estereotipos que condicionen as súas actitudes e comportamento nas relacións interpersoais.
  • Contribuír á constatación do enriquecemento social e a conformación dunha sociedade onde primen valores de respecto, tolerancia e igualdade en relación coas diferenzas por razón de sexo, imaxe, orixe, raza, costumes culturais, capacidades físicas, intelectuais, identidade e orientación sexo-afectiva etc.
  • Promover no alumnado unha visión analítica, crítica e non estereotipada sobre a diversidade existente na nosa sociedade.
  • Analizar a publicidade dun modo crítico, desenvolvendo a conciencia de como inflúe no consumo e analizando como condiciona a selección de produtos e como inflúe nas actitudes e condutas, segundo o sexo.
  • Identificar formas de influír na contorna máis próxima, empoderando ás e os mozos como protagonistas do cambio social.
  • Reivindicar a riqueza da linguaxe oral e escrita non sexista para comunicarse.
  • Facilitar coñecementos e técnicas que favorezan que o alumnado poida plasmar e facer realidade as súas propostas de modo gráfico ou artístico (deseñando as súas propias historias, ilustracións, guións, seleccionando exteriores, realizando gravacións).

Condicións do programa

O centro educativo proporcionará unha aula onde facer os obradoiros.

Para o alumnado de 3º a 4º de E.P, a duración máxima de cada sesión creativa por grupo-aula será de 3 horas, sendo aconsellable distribuílas en varias xornadas próximas no tempo. As sesións serán conducidas por unha persoa experta en materia de Igualdade e Diversidade.

Para o alumnado desde 5º de E.P, a duración máxima de cada sesión creativa por grupo-aula será de 6 horas, sendo aconsellable distribuílas en varias xornadas próximas no tempo. As sesións serán conducidas por unha persoa experta en materia de Igualdade e Diversidade e unha persoa experta no formato ou técnica elixida: conto, banda deseñada, ilustración, publicidade, fotografía, música). Todas as sesións finalizarán co desenvolvemento dun produto final realizado polo alumnado conforme ao formato ou técnica seleccionada.

En ambos os casos, acordaranse os horarios co centro educativo.

O centro educativo seleccionará a temática que será abordada na sesión, podendo suxerir outra adaptada ás necesidades do curso concreto.

O centro educativo seleccionará o formato ou técnica para desenvolver a temática.

Obradoiros ofertados

Asignarase un mínimo dun obradoiro (sesión creativa) por centro escolar que contemple os diferentes grupos ou aulas (A, B, C...) dun curso determinado.

O número máximo de participantes será o número máximo de alumnado establecido por aula.

Contidos

  1. Temáticas
  • Feminismos e a súa importancia social.
  • Modelos de masculinidade e feminidade.
  • Diferentes sexualidades e Lgtbqi+fobias
  • Violencias sexuais (indicadores para a súa detección, mitos que as fundamentan). O bo trato.
  • Outras formas de violencias sexuais: análise da prostitución, pornografía e trata das mozas e mulleres.
  • Redes sociais e ciberviolencias de xénero.
  • Profesións sen xénero.
  • Consumo e publicidade con perspectiva de xénero.
  • Sexualidades, transexualidad e transfobia.
  • Identidades de xénero e orientación sexo afectiva.
  • A imaxe persoal. Imposición de canons estéticos. A cousificación e a hipersexualización das nenas e mozas.
  • Dereitos humanos vs. dereitos das nenas e mozas.
  • Relacións afectivo emocionais e sexuais sas, positivas e pracenteiras.
  • Diversidade: funcional, racial, cultural, afectiva - sexual e de xénero.
  1. Formatos
  • Conto
  • Banda deseñada-ilustración
  • Publicidade-márketing
  • Fotografía
  • Música
  • Cinema-curtas
  • Dramatización-representación teatral

Metodoloxía

Utilizarase unha metodoloxía participativa, co desenvolvemento de actividades que fomenten a capacidade creativa do alumnado.

Cando:

Dende o 07/01/2022 ata o 23/06/2022

2º e 3º trimestres do curso escolar 2021-2022.

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Inscrición centros

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

Coordinadora de centros e programas

C/ Hortensias, 11. 15008. A Coruña

Tel. CIM: 981 184 356. E-mail: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67094, 67901

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión