Concello da Coruña

Concello da Coruña

Sesións lúdicas: xogos e historias para medrar en igualdade

Programa educativo composto por sesións nas que se aproveitarán as capacidades adquiridas nas novas etapas do seu desenvolvemento, como o autoconcepto, o autocontrol e as relacións entre iguais para, a través do valor simbólico do xogo, narración ou representación de historias, abordar diferentes cuestións sobre a igualdade e a diversidade.

A educación de nenas e nenos entendida como un proxecto de crecemento común lévaos a  facerse persoas con igualdade de dereitos e deberes, aprendendo a respectar a pluralidade e diversidade para lograr un desenvolvemento no respecto, a comprensión e a aceptación mutua.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Igualdade e Diversidade

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil. 1º e 2º de Educación Primaria.

Horario:

Lectivo dos Centros Educativos.

Obxecto:

Obxectivo xeral

O obxectivo xeral destas sesións lúdicas é promover unha aprendizaxe onde as e os máis pequenos poidan compartir experiencias, coñecerse mellor, relacionarse desde o coñecemento mutuo a través do desenvolvemento do autoconcepto e a autoestima a través de diferentes dinámicas de xogo.

Obxectivos específicos

  • Desenvolver actividades de xogo simbólico e representación de roles a través das que abordarán a construción de relacións en igualdade.
  • Visibilizar figuras importantes en materia de Igualdade e Diversidade.
  • Sensibilizar sobre a importancia do respecto interpersoal independentemente do sexo, xénero, diversidade funcional ou identidade sexual.
  • Fomentar actitudes integradoras de cooperación e respecto entre o alumnado, traballando os sentimentos, expresión de emocións e autocontrol.
  • Empregar recursos didácticos como a literatura infantil coeducativa para abordar a construción de valores de igualdade e diversidade.
  • Abordar aspectos básicos sobre a sexualidade que contribúan a previr a violencia sexual infantil, con ferramentas sinxelas, adaptadas ás idades, como poden ser os contos.

Condicións do programa

O centro educativo proporcionará unha aula onde executar o obradoiro.

A duración máxima de cada sesión lúdica por grupo-aula será de 3 horas, sendo aconsellable distribuílas en varias xornadas próximas no tempo. Acordaranse os horarios co centro educativo.

O centro educativo seleccionará a temática que considere máis adecuada conforme a súa realidade, podendo suxerir outra temática adaptada ás necesidades do nivel/curso concreto. Dado que unha sesión pode ser desenvolto en varias xornadas, o centro poderá solicitar que se aborden varias temáticas nunha mesma sesión lúdica.

O centro poderá seleccionar o formato co que abordar os contidos da temática seleccionada.

Obradoiros ofertados

Asignarase un mínimo dun obradoiro (sesión lúdica) por centro escolar que contemple os diferentes grupos ou aulas (A, B, C...) dun curso determinado.

O número máximo de participantes será o número máximo de alumnado establecido por aula.

Contidos

  1. Temáticas:
  • Roles, actividades e profesións sen estereotipos de xénero.
  • Xogos, xoguetes e disfraces sen sexo, pacíficos e cooperativos.
  • Infancia diversa: diversidade sexual, funcional, cultural, aspecto físico. Respecto e valoración da diferenza.
  • Afecto e emocións. Relación consigo mesma/ou e co grupo de iguais.
  • Sexualidade e prevención da violencia sexual na infancia.
  1. Formatos:
  • Xogos
  • Contos e contacontos
  • Dramatización
  • Debuxo

Metodoloxía

As sesións desenvolveranse a través de metodoloxías participativas e lúdicas, adaptadas aos grupos de idade.

Cando:

Dende o 07/01/2022 ata o 23/06/2022

2º e 3º trimestres do curso escolar 2021-2022.

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Inscrición centros

Contacto:

Centro de Información ás Mulleres (CIM)

Coordinadora de centros e programas

Rúa Hortensias, 11. 15008. A Coruña

Tel. CIM: 981 184 356. E-mail: cim@coruna.gal

Tel.: 981 184 200 ext. 67094, 67901

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión