Concello da Coruña

Concello da Coruña

Son futuro: concertos didácticos 2022-23

A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados que lles vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Cultura

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de centros docentes de ensino non universitario.

Horario:

Cada espectáculo terá dúas sesións diarias de martes a venres, ás 10:00h e ás 11:45h. A duración media será de 50 minutos.

Prezo / Custo:

O alumnado deberá aboar o importe das entradas para cada un dos Concertos Didácticos aos que asistan:

  • 2,00 € para todos os concertos.

O profesorado acompañante de cada grupo terá entrada gratuíta.

É imprescindible que se especifique o número de alumnos e profesores asistentes ao concerto.

Unha vez adxudicadas as prazas aos centros educativos indicarase o prazo no que realizará o aboamento de entradas mediante transferencia bancaria ou ingreso en conta. En caso de non aboar o importe das entradas na data establecida as prazas adxudicaranse a outros centros e grupos en listaxe de agarda.

Unha vez efectuado o pagamento das entradas non se devolverá o importe das mesmas, só se efectuará en caso de anulación do espectáculo por parte da OSG.

As prazas para cada concerto didáctico son estritamente as que se solicitaron e pagaron. En caso de asistir con máis alumnos das prazas adxudicadas non se permitirá o acceso dos mesmos. En caso de asistir ao concerto con menor número de alumnos das prazas adxudicadas e abonadas non se efectuará a devolución do importe desas prazas.

Obxecto:

  • Achegar a música aos públicos escolares, enriquecendo a súa formación a través de concertos programados especialmente para eles, mediante a aplicación das pautas de traballo previstas nas guías didácticas.
  • Axudar ao alumnado asistente ao concerto para conseguir unha audición comprensiva, activa e participativa.
  • Achegar aos escolares ao coñecemento da música, estimulando a satisfacción pola audición en directo, así como promover a atención, a apreciación das actividades artísticas e o recoñecemento do silencio e da actitude relaxada como elemento fundamental para unha boa escoita.
  • Presentar aos docentes e alumnos recursos que axuden á consecución dunha auténtica expresión musical favorecendo unha comunicación máis rica cos demais, utilizando de maneira creativa as diferentes posibilidades de comunicación e expresión artística.
  • Potenciar o respecto entre as persoas e contribuír á comprensión da interculturalidad mediante a difusión dun repertorio musical amplo e variado.

Para lograr con éxito todas estas formulacións é necesario implicar a tres colectivos.

  • Os músicos que ofrecen o espectáculo (OSG e diversas agrupacións musicais)
  • O alumnado que asiste aos concertos
  • O colectivo do profesorado.

Durante o concerto tanto os músicos como o presentador están a ofrecer pautas de formación musical cara ao público, pero, é tamén certo, que o aproveitamento destas pautas vai depender do traballo que delas póidase facer previa e/ou posteriormente na aula.

Condicións do programa

Adxudicación

  • A adxudicación dos concertos realizarase segundo os criterios fixados polo Servizo Municipal de Educación e o Departamento Didáctico da OSG e a limitación de aforamento.
  • Unha vez adxudicados os concertos comunicaranse aos centros mediante correo electrónico.
  • A adxudicación dos concertos, o calendario dos mesmos así como a comunicación de calquera incidente ou aclaración unha vez comezado o programa corresponde ao Departamento Didáctico da OSG.

Desenvolvemento do programa

  • É obrigatoria a confirmación por escrito (mediante correo electrónico) antes do 9 de novembro da presenza ou ausencia a cada un dos concertos adxudicados ao Departamento Didáctico da OSG.
  • O servizo de transporte correrá a cargo de cada centro docente.
  • O acceso ás salas de concertos realizarase por orde de chegada. Cada centro deberá comunicar a súa chegada ao persoal de seguridade ou na súa falta ao persoal da OSG situado no acceso á sala.
  • As horas sinaladas son as de comezo do espectáculo polo que o alumnado deberá estar sentado na sala correspondente con antelación suficiente. Recoméndase a chegada dos grupos de alumnos, con polo menos, 15 minutos de antelación. Non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciado o concerto.

Inscricións:

Dende o 20/09/2022 ata o 26/10/2022

Inscrición

Xeneral

Específica

Do 20 de setembro ao 26 de outubro de 2022

Contacto:

Consorcio para a Promoción da Música. Departamento Didáctico.

Palacio da Ópera. Glorieta de América, 3. CP. 15004

Tel. 981 25 20 21

Fax: 981 27 74 99

didacticos@sinfonicadegalicia.com

Recursos materiais:

Todos os concertos didácticos apóianse nunha guía didáctica para o profesorado, elaboradas por un equipo de especialistas en educación musical.

Nas guías didácticas recóllese a información do concerto: programa musical, temática, formación musical, información dos compositores e autores das obras para interpretar así como diversas propostas didácticas que complementan a asistencia ao concerto para poder preparar o mesmo previamente na aula así como complementalo posteriormente.

As guías didácticas non se editarán en papel; con todo remitiranse por correo electrónico con antelación ao concerto adxudicado aos centros participantes e estarán colgadas na web www.sonfuturo.com. Rógase aos coordinadores de cada centro estean atentos ás súas direccións electrónicas e á páxina web.

Máis información:

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión