Concello da Coruña

Concello da Coruña

Todo público: programación de teatro para centros escolares 2021-22

O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar no Fórum Metropolitano, DE FORMA SEGURA ANTE A COVID-19.

No presente curso 2021/2022 e debido a incerteza xerada pola evolución da pandemia do coronavirus, ademais da programación que se presenta ata decembro de 2021, realizarase unha nova proposta para a primavera de 2022 no mes de decembro (en datas por determinar).

Os espectáculos dirixidos a E. Infantil e E. Primaria ofértanse ao público familiar o sábado seguinte ás 18:30 h; excepto "Libre coma os paxaros" e "Querella de Lope y las mujeres", dirixidos a E. Secundaria, que terán unha sesión para público xuvenil e adulto o mesmo venres ás 21.00 h.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

IMCE

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH e FP

Prezo / Custo:

Prezo da entrada por alumna/ou: 2,00 € para o alumnado de educación infantil e educación primaria e 3,00 € para o alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP; e gratuíta para o profesorado acompañante.

    CONDICIÓNS DE INSCRICIÓN:

    En cada sesión só asistirán grupos dun mesmo centro escolar, de grupos ou ciclos "burbulla".

    • A capacidade máxima será o que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento.

    • Cada grupo só poderá inscribirse nunha única obra de teatro durante o curso 2021/2022.

    • Cada grupo deberá estar acompañado por unha persoa responsable do centro.

    • A programación de educación infantil está pensada para escolares a partir dos 4 anos.

    • En función das características do espectáculo e do nivel dos escolares, pódese producir unha redución da capacidade da sala.

    • Prezo do billete de entrada por alumna/ou: 2,00 € para o alumnado de educación infantil e educación primaria e 3,00 € para o alumnado de educación secundaria, bacharelato e FP; e gratuíta para o profesorado acompañante.

    INSCRICIÓN E VENDA DE ENTRADAS:

    A través da ficha de solicitude específica "TAQUILLA DEL IMCE: TODO PÚBLICO"

    CALENDARIO DE INSCRICIÓN:

    Espectáculos outono 2021:

    1. Para os centros do municipio: a partir do luns 20 de setembro;

    2. Para os centros doutros municipios: a partir do luns 27 de setembro.

    Espectáculos primavera 2022 en decembro (datas por determinar)

    NOVOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN:

    - A adxudicación farase espectáculo por espectáculo, en función da capacidade vixente.

    - As prazas iranse adxudicando por cada espectáculo tendo en conta a orde de solicitude e que número total de prazas solicitadas e a capacidade vixente estean o mais axustadas posible, de maneira que quede o menor número de prazas non ocupadas.

    - Se houber máis demanda de prazas que oferta, abriríase unha listaxe de agarda para cada función, co obxecto de cubrir posibles baixas de centros.

    RETIRADA E ABONO DAS ENTRADAS:

    1. As entradas deben ser retiradas e aboadas, no prazo comprendido entre a data da comunicación da adxudicación e os 3 días antes do espectáculo, segundo o calendario que aparece a continuación.

    2. No caso de que non se faga o pagamento no prazo estipulado, adxudicaranse as entradas a outro centro escolar que estea na listaxe de agarda.

    3. As entradas recolleranse no despacho de billetes do Fórum Metropolitano, con cita previa (chamando ao teléfono 981 184 297). Recoméndase o pagamento mediante tarxeta de crédito.

    4. No momento de aboar as entradas, poderase reducir o número de reservas ou aumentalas se quedan prazas vacantes.

    5. Permitiranse un máximo dun 10% de devolucións, a condición de que non excedan de 10 entradas por función e centro. O importe será devolto ao termo da función. No caso de que fosen aboadas con tarxeta de crédito terá que presentala.

    6. A factura será enviada ao centro escolar posteriormente á sesión.

    PROGRAMACIÓN:

    LUGAR: todos os espectáculos serán no Fórum Metropolitano.

    (máis información nos documentos inseridos)

    1. TEATRO PARA EDUCACIÓN INFANTIL (4 e 5 anos) E EDUCACIÓN PRIMARIA

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel educativo

    Datas

    Horario

    Duración

    Data tope de aboamento

    Zapatos Nuevos

    L'Home Dibuixat

    (Comunidade Valenciana)

    EI (4 e 5 anos)

    30 de setembro e

    1 de outubro 2021

    9.30 e 12.00 h

    30 min

    27 de setembro

    Rosa Caramelo

    Tirititrán Teatro

    (Andalucía)

    EI, 1º e 2º EP

    14 e 15 de outubro de 2021

    9.30 e 12.00 h

    50 min

    11 de outubro

    Soy una nuez

    Zum Zum Teatre

    (Cataluña)

    3º, 4º,5º e 6º EP

    28 e 29 de outubro de 2021

    9.30 e 12.00 h

    60 min

    25 de outubro

    Las Cotton

    Anita Maravillas

    (Euskadi)

    3º,4º,5º e 6º EP

    25 e 26 de novembro de 2021

    9.30 e 12.00 h

    50 min

    22 de novembro

    Don Gaiferos

    Os Monicreques de Kukas (Galicia)

    5º e 6º EP

    16 e 17 de decembro de 2021

    9.30 e 12.00 h

    60 min

    13 de decembro

    1. TEATRO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA

    Espectáculo

    Compañía

    Nivel

    Datas

    Horario

    Duración

    Data tope de abono

    Libre coma os paxaros

    Teatro do Atlántico (Galicia)

    2º ciclo ESO e BACH - FP

    12 de novembro de 2021

    11.30 h

    60 min

    9 de novembro

    Querella de Lope y las mujeres

    Calema Producciones (Madrid)

    BACH - FP

    3 de decembro de 2021

    11.30 h

    70 min

    30 de novembro

    Don Gaiferos

    Os Monicreques de Kukas (Galicia)

    1º ciclo ESO

    17 de decembro de 2021

    12.00 h

    60 min

    14 de decembro

    Cando:

    Dende o 20/09/2021 ata o 17/12/2021

    Inscricións:

    Dende o 20/09/2021 ata o 30/11/2021

    Inscrición centros

    A través da Ficha de inscrición xeral e a Ficha de solicitude específica "DESPACHO DE BILLETES DO IMCE: TODO PÚBLICO".

    Para acceder ás fichas poderán utilizar a clave de acceso que se lles adxudicou o curso pasado ou solicitala no "Servidor Central" no teléfono 981 902 327 ou educoruna@balidea.com .

    Contacto:

    AUDITORIO DO FÓRUM METROPOLITANO

    R/ Río de Monelos, 1. 15006 A Coruña

    COORDINACIÓN DO PROGRAMA

    "Todo público: Teatro para centros escolares": Ana Judel Prieto e Montse García

    forum@coruna.es

    T: 981 184 297

    Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)

    Sede: Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 (Edificio Casa Paredes) 15001 A Coruña

    Tel. 981 184 233

    imce@coruna.es

    Requisitos:

    MEDIDAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS COVID-19 NO AUDITORIO DO FÓRUM

    Fronte a pandemia do coronavirus e co fin de garantir que o programa de teatro escolar transcorra en condicións óptimas de seguridade, sen que perda a súa esencia e calidade, temos implantadas todas as medidas hixiénico-sanitarias previstas na lexislación vixente.

    Medidas que foron adaptadas expresamente para o programa escolar:

    - En cada sesión só asistirán grupos dun mesmo centro escolar.

    - A capacidade máxima será o que estipule a lexislación sanitaria vixente en cada momento. Na capacidade total non se inclúen as entradas do profesorado.

    - Os grupos escolares estarán separados pola distancia de seguridade que estipule a lexislación vixente.

    - Realizarase a limpeza e desinfección do auditorio antes e despois de cada función.

    - Instalación de puntos de hixiene dotados con dispensador de xel hidroalcohólico, papeleira con tapa e pedal e alfombra desinfectante á entrada do auditorio.

    - Todo o persoal de produción (control de entrada, acomodadores, xefa de sala, persoal técnico e de limpeza) levará en todo momento máscara, con excepción dos artistas durante o tempo de execución do espectáculo.

    NORMAS DE PREVENCIÓN DO CORONAVIRUS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO POLOS CENTROS E GRUPOS DE ESOLARES

    - Por parte dos centros escolares, agardamos que actúen con responsabilidade, absténdose de enviar aos espectáculos aos grupos no caso de calquera mínima sospeita de enfermidade e que o profesorado comunique previamente ao alumnado as normas para seguir e actúe con responsabilidade.

    - Non asistir a esta actividade con febre (> 37º) ou con síntomas propios do coronavirus.

    - Manter 1,5 metros de distancia de seguridade con outras persoas tanto nos accesos como no interior do edificio.

    - É obrigatorio utilizar a máscara (excepto nos supostos contemplados na normativa vixente) para acceder e desprazarse polo edificio, e durante o espectáculo.

    - Lavar as mans con xel hidroalcohólico e limpar os pés na alfombra desinfectante antes de entrar no auditorio.

    - Usar os aseos só en caso de extrema necesidade.

    - Seguir as instrucións do persoal de sala en todo momento e actuar con responsabilidade.

    Estas normas poderán variar en función das medidas que podan ditar as autoridades sanitarias en función do desenvolvemento da pandemia da COVID 19 na nosa cidade ou na Comunidade Autónoma.

    Organiza:

    IMCE. Instituto Municipal Coruña Espectáculos

    Enderezo:

    Rúa Río Monelos 1. 15006

    Documentos:

    Programa de espectáculos para E. Infantil e E. Primaria (8 MB)

    Programa de espectáculos para Educación Secundaria (6 MB)

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión