Concello da Coruña

Concello da Coruña

Valentina - Proxección da película

A película Valentina, gañadora dun Goya á mellor película de animación, mostra a experiencia dunha nena que está cansa de ter síndrome de Down, convencida de que ese é o motivo que lle impide alcanzar o seu soño: ser trapecista. Pero nunha viaxe máxica descubrirá todo aquilo do que é capaz.

Desde o Servizo Municipal de Educación, coa proxección desta película dirixida a alumnado de 1.º e 2.º de EP, quérese apoiar a vontade do proxecto de dar visibilidade a un colectivo que quere ser artífice da súa propia mensaxe no camiño cara á súa plena cidadanía.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Educación

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1.º e 2.º de primaria dos CEIP da cidade. No caso de haber máis solicitudes que prazas ofertadas, terá prioridade o alumnado de 1.º de EP.

Horario:

Semana do 12 ao 16 de decembro de 2022.

As proxeccións serán ás 10:30 h e ás 12:00 h os días 12, 13, 14 e 15. O día 15 só haberá un pase ás 12:00 h.

A proxección dura 65 minutos.

Obxecto:

As persoas con discapacidade intelectual, a pesar dos grandes avances sociais alcanzados, seguen demandando unha maior e máis axustada presenza social que elimine estereotipos e permítalles avanzar cara á súa inclusión.

A película conta, en primeira persoa - en clave fantástica- a maneira na que unha nena con síndrome de down aprende, se relaciona e evolúe.

Valentina fai unha viaxe que a fai cambiar, non porque experimente unha transformación milagrosa, senón porque se coñece mellor a si mesma. Como todo o mundo. É a historia dunha nena e a súa actitude activa respecto do que lle pasa, unha nena pola que non hai que sentir compaixón nin unha gran admiración, só empatía

Co obxecto de difundir esta mensaxe o Servizo Municipal de Educación ofrece a posibilidade de que o alumnado de 1.º e 2.º de EP goce desta proxección que se emitirá na sala de proxeccións audiovisuais da Domus na semana do 12 ao 16 de decembro, en dous horarios, ás 10:30 e ás 12:00 h.

O Servizo Municipal de Educación facilitaralle o transporte aos centros para esta actividade. No caso de necesitar transporte adaptado, deben comunicalo á hora de facer a solicitude.

Cando:

Dende o 12/12/2022 ata o 16/12/2022

Inscricións:

Dende o 09/11/2022 ata o 25/11/2022

A través da ficha xeral e da ficha específica

A asignación de prazas realizarase unha vez que finalice o prazo de inscrición por parte da entidade encargada da organización da proxección (Cine na rúa).

Contacto:

Recursos materiais:

Facilítase unha unidade didáctica para que se poidan traballar os contidos previamente na aula.

Máis información:

Ligazón ao trailer da película: https://cinenarua.com/produto/valentina-cnr/

Documentos relacionados

  • Dosier de prensa (3 MB)
  • Fragmento unidade didáctica de primaria (3 MB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión