Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vexo, vexo 2021-22

As cidades e a contorna urbana son ecosistemas nos que conviven especies de flora e fauna que se adaptaron a un novo ambiente. Nun medio tan transformado, no que dominan o asfalto e o cemento, estes habitantes atopan lugares e formas para cubrir as súas necesidades vitais. Unha cidade como A Coruña ofrece moitas posibilidades neste sentido: unha longa liña de costa, parques e xardíns de diferente configuración e superficie son os seus principais elementos. É vital que a cidadanía comprendamos e valoremos a importancia do mantemento destes lugares pola súa biodiversidade e contribución á calidade ambiental.

Localización do centro:

Só da Coruña

Servizo municipal:

Medio Ambiente

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

EI (5º e 6º), EP (1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º), ESO (1º), BACH, e EE.

Áreas de interese: "Ciencias dá Natureza", "Ciencias Sociais" e "Valores Sociais e Cívicos" en EP; "Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional", "Bioloxía e Xeoloxía" en ESO, "Bioloxía" en BACH.

Obxecto:

  • Adquirir conciencia e sensibilización para o coidado da contorna máis próxima
  • Ofrecer unha diversidade de experiencias e comprensión do medio que nos rodea, así como un contacto directo co mesmo
  • Recoñecer a importancia que adquiren os "espazos verdes" na planificación urbana
  • Coñecer as solucións baseadas na natureza como o futuro da planificación sustentable

ESTRUTURA

  • Charla interactiva- 60 ´
  • Taller- 60´
  • Saídas, conclusións e reflexión- 90´

Como consecuencia da pandemia Covid son posibles replanteamientos de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos, etc. que podamos visitar na saída educativa.

Cando:

Dende o 01/10/2021 ata o 22/06/2022

Desde o 01/10/2020 ata a finalización do curso escolar

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Ficha de solicitude

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

educacionambiental@coruna.es

981903834

Documentos relacionados

  • Descrición: Vexo vexo (168 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión