Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares ás bibliotecas 2021-22

Visitas dirixidas ao segundo ciclo de Educación infantil e a todos os niveis de Educación primaria

Localización do centro:

De calquera concello, Só da Coruña

Servizo municipal:

Bibliotecas

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 4.º, 5.º e 6.º de Educación infantil e de 1.º, 2.º, 3.º, 4.º, 5.º e 6.º de Educación primaria de centros educativos do municipio.

Horario:

    Estas sesións están divididas en dúas partes: unha parte común cun contido fixo e outra parte cun contido para escoller polo profesorado entre varias opcións predefinidas. Para cada nivel o profesorado poderá escoller unha das tres opcións dispoñibles:

    • ESCOITAR E LER. A ficción nas súas diferentes formas de gozala (lectura, narración, declamación, observación...) e xéneros (contos tradicionais, de autor/a, álbums, cómic, poesía...)
    • LER AS IMAXES. A ilustración como recurso informativo, interpretativo e que proporciona experiencias sensoriais e estéticas.
    • LER A INFORMACIÓN. Os libros e recursos informativos como recurso básico para desenvolver o desexo de aprender, ampliar intereses, comprender a organización, estrutura e presentación da información: temas, organización dos textos, buscas.

    Os contidos específicos da parte común e das diferentes opcións estarán adaptados aos diferentes niveis educativos e desenvolverán a proposta dunha maneira lúdica e participativa.

    DURACIÓN DAS VISITAS

    Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as 2 horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.

    CENTROS ONDE SE OFERTA

    As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:

    • BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA: máximo 25 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN: máximo 20 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL FÓRUM METROPOLITANO: máximo 15 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL DURÁN LORIGA: máximo 15 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO: máximo 15 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALES: máximo 25 visitas
    • BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA: máximo 15 visitas

    CONDICIÓNS DO PROGRAMA

    • Ante a situación de incertidume xerada pola COVID-19 as bibliotecas, se fose necesario, intentarán adaptar a súa oferta a formatos virtuais que poderían incluír: visitas das bibliotecarias ás aulas, vídeos pregravados, encontros en liña virtuais desde as aulas ou encontros virtuais desde os domicilios. Mesmo podemos utilizar a plataforma Ciscowebex da que dispoñen todos os centros escolares sempre que o profesorado nos facilite o acceso como convidados/as para realizar os encontros. A pesar de que poñeremos todo da nosa parte para non cancelar as nosas citas, podería darse o caso de que finalmente non se puidesen realizar.
    • Na solicitude deberá indicarse o curso e marcar a opción seleccionada para a parte variable.
    • Unha vez asignada a visita, o profesorado comprométese a manter coa biblioteca os contactos necesarios para a súa preparación, incluíndo a busca e posta a disposición dos recursos técnicos necesarios para realizar a sesión.
    • As bibliotecas realizarán un número máximo de visitas por curso escolar. No caso de que o número de solicitudes sexa superior, as adxudicacións realizaranse por orde de inscrición.
    • As visitas asignaranse á biblioteca municipal máis próxima ao centro escolar que a solicita.
    • Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitaráselle á coordinadora do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas. Unha vez asignada a visita a unha biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable dela nesa biblioteca.
    • O transporte, se fose necesario, correrá a cargo do centro educativo.

    Cando:

    Dende o 10/01/2022 ata o 30/04/2022

    Inscricións:

    Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

    Inscrición centros

    Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

    Contacto:

    Servizo Municipal de Bibliotecas

    Elena Pernas Lázaro

    e.pernas@coruna.es

    Tlf.: 981 184 384

    Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Síguenos en

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión