Concello da Coruña

Concello da Coruña

Visitas escolares ás casas museo: Picasso, María Pita e Casares Quiroga 2021-22

Percorrido guiado polas dependencias que configuran cada casa museo.

Localización do centro:

De calquera concello

Servizo municipal:

Cultura

Tipo de actividade:

Complementaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de EI, EP, ESO, BACH, FP e grupos de EE.

Horario:

10.30 h. / 11.30 h. / 12.30 h. - preferentemente

Condicións do programa

  • O recomendable sería que os grupos non excedesen de 15 membros, mais aceptaranse ata un máximo de 30.
  • Na Casa Picasso é necesario subdividir os grupos superiores a 12/15 persoas.
  • Os/as alumnos/as deberán ir acompañados polos seus educadores/as.

Máis información

A Casa Picasso está situada nun 2º andar e carece de ascensor. No mesmo edificio (planta baixa) está situada a "Tenda Picasso"; aquí iníciase a visita e organízase a actividade paralela (se é necesario).

  • Pódese visitar máis dunha casa por día.
  • A flexibilidade de horarios dependerá de características especiais dos centros (centros da provincia que visitan a cidade para outras actividades e queren compaxinar horarios, saídas prefixadas determinados días...).

Horarios Casas Museo

Casa Picasso

Horario: de martes a sábado: de 11.00 h. a 13.30 h. e de 18.00 h. a 20.00 h. / domingos e festivos: de 12.00 h. a 14:00h. / luns: pechado

Casa María Pita

Horario: de martes a sábado: de 11.00 h. a 13.30 h. e de 18.00 h. a 20:00 h. / domingos e festivos: de 12.00 h. a 14.00 h. / luns: pechado

Casa Casares Quiroga

Horario: de martes a sábado: de 11.00 h. a 13.30 h. e de 18.00 h. a 20:00 h. / domingos e festivos: de 12.00 h. a 14.00 h. / luns: pechado.

Cando:

Dende o 18/10/2021 ata o 17/06/2022

Días lectivos de outubro a xuño: de martes a venres, ás 10.30 h, 11.30 h. e 12.30 h. (preferentemente)

A duración das visitas será de 1 hora (cada casa). Adaptable a circunstancias varias: ampliar porque é necesario subdividir grupo, reducir/ampliar porque teñen concertada outra actividade nun prazo de tempo determinado.

Inscricións:

Dende o 15/09/2021 ata o 15/10/2021

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral e Ficha de solicitude específica

Do 15 de setembro ao 15 de outubro

Contacto:

Casa Picasso

Dirección: Rúa Paio Gómez, 14, baixo e 2º andar (15004)

Tel.: 981 189 854

Casa María Pita

Dirección: Rúa Ferrarías, 28 (15001)

Tel.: 981 189 853

Casa Casares Quiroga

Dirección: Rúa Panadeiras, 12 (15001)

Tel.: 981 189 856

Coordinación casas museos

Mª Beatriz Doldán Theodosio

Casa museo Casares Quiroga.

Tel.: 981 189 856

b.doldan@coruna.es

casasmuseo@coruna.es

Documentos:

Información de cásalas museo (214 KB)

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión