A Coruña tardes
O programa de "Arte e cultura no centro" é unha proposta de lecer educativo que complementa a xornada lectiva, persegue o desenvolvemento integral (físico, intelectual e social) dos nenos e nenas nunha contorna lúdica, de diversión e entretemento (aprender xogando) e comprende un amplo abano de actividades artísticas e culturais. Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "PROXECTOS".
A Federación Provincial das ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.
Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por determinar).
O programa Cóxegas é unha proposta que dá resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).
É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do 'deporte para todas/os'.
As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e os eventos especiais e competicións nas instalacións deportivas municipais.
O título do programa componse de dúas palabras:
1) ENGLISH: En referencia ao idioma inglés, que é o núcleo sobre o que vira o programa
2) LAB: Abreviatura de laboratory, para formular os "experimentos" que darán lugar á interacción da lingua inglesa con diferentes áreas de contidos.
Expresando deste xeito a capacidade e potencial creativo que demandará o programa do alumnado participante, e que se pretende poñer de manifesto coa posta en práctica das diferentes actividades que protagonizarán o día a día do proxecto.
Proposta específica para lingua francesa no programa Idiomas non Centro, centrada no descubrimento e a primeira inmersión en lingua francesa, para o alumnado novel, e na adquisición de comprensión e soltura da comunicación oral na devandita lingua, para os xa iniciados.
Programa municipal de reforzo educativo en lectoescritura para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2022/2023
Programa municipal de reforzo educativo en Ciencias para diminuír o fracaso escolar do alumnado escolarizado no Concello da Coruña no curso 2022/2023
resultados 8
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible