Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

A Coruña das ciencias

  • Concurso de Drones

    Sesións de formación e de familiarización no manexo de drones para posteriormente participar no concurso.

  • Concurso Imaxina Coruña 2022-23

    O Servizo de Educación, en colaboración co Servizo de Cultura, organiza a I edición do programa IMAXINA, para o curso escolar 2021-2022.

    O programa Imaxina nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.

    A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír a resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

  • Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e obradoiro "Escher" 2022-23

    A Exposición "Converxencias Arte e Ciencia: Escher", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e vencellos entre a arte e a ciencia.

  • Feira Matemática 2022-23

    A XVI edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e profundar no ensino-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando as nenas e nenos e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

  • Rebumbio matemático 2022-23

    Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.

  • Visitas escolares aos Museos Científicos Coruñeses 2022-23

    Visita a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae

  • XIII Taller e concurso galego de robótica. A maxia da robótica 2022-23

    Trátase dun taller de programación e robótica onde o obxectivo é adquirir formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionales utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

resultados 7

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión