A Coruña saúde
Taller que ten como obxectivo previr no alumnado de 5.º e 6.º de Educación Primaria o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.
Taller que ten como obxectivo previr o inicio do consumo e o uso de alcol e tabaco nas e nos menores, traballando as competencias sociais, os factores protectores e facendo unha análise práctica dos riscos do seu consumo.
Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.
O taller combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado de inicio de adiccións a sustancias, co/a menor, a súa familia e a contorna educativa.
O centro escolar que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación pode solicitar esta intervención.
Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos e emocións e a súa incorporación de forma saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocions, ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.
Obradoiro para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables, que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de substancias adictivas.
Taller que promove as habilidades persoais e o traballo cooperativo de quen participa, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de ciberacoso e acoso escolar.
As concellerías de Deportes e Educación poñen en marcha un programa para dar a coñecer diferentes disciplinas deportivas que se imparten na cidade, a través de charlas informativas, impartidas por especialistas na materia, que tamén contarán cunha parte práctica.
Taller que promove, adaptado ás idades dos seus participantes, un achegamento á toma de conciencia das vantaxes e riscos asociados a internet.
Este obradoiro ten como obxectivo a prevención do uso inadecuado de redes sociais e xogos interactivos, así como a súa derivación en condutas de risco asociadas (ludopatía).
Obradoiro que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociais e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de substancias adictivas e alcohol en particular.
Charlas de primeiros auxilios orientadas ao alumnado dos centros educativos e aos seus docentes.
O obxecto do obradoiro é dotar ao alumnado das ferramentas necesarias para a toma de decisións adecuadas ante a situación do consumo de substancias adictivas, así como evitar posibles situacións de risco asociadas.
Obradoiro que reforza o aprendido no taller "Todos contamos 1", utilizando recursos e metodoloxía práctica, incidindo nas dinámicas e adquisición de valores positivos para a adopción de condutas saudables.
Os recursos que proporcionan as TIC e o seu fácil acceso, encobren os riscos que pode levar o seu uso inadecuado na mocidade, o que fai necesario informar sobre o tema.
Este obradoiro promove o uso responsable e seguro das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) previndo o seu uso excesivo e inadecuado e fomentando o seu bo uso entre a mocidade.
resultados 15
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible