A Coruña orienta
Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de Ciclos formativos e Educación superior de centros públicos (ou privados cos que se asine convenio), mediante a tutorización/mentorización dos seus proxectos empresariais.
Programa educativo que pretende fomentar os valores da economía social e o espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.
Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas co obxecto de posibilitar que os estudantes de FP dos Institutos de Ensino Secundario do municipio, dispoñan da información e o asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.
Actividades relacionadas
O Servizo Municipal de Educación organiza cada ano as Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional destinadas a dar a coñecer os estudos universitarios impartidos nas tres universidades públicas de Galicia (UDC, USC e UVIGO) así como a oferta dos ciclos de Formación Profesional que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
resultados 4
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible