A Coruña en igualdade
Nesta conversa abordaremos conceptos básicos sobre esta materia, as manifestacións das violencias machistas; a violencia sexual; o abuso, acoso e agresión sexual; os dereitos sexuais e reprodutivos.
Falaremos sobre as dinámicas de lecer nocturno e sinalaremos cales son as principais ideas e hábitos para poder combater as violencias sexuais, (de) construíndo os mitos existentes sobre abuso, acoso e agresión sexual.
Todo iso a través dunha sesión en liña dinámica e participativa
Nesta conversa exploraremos as permanencias e posibles disidencias para a imposición dos canons estéticos normativos e os mandatos sobre a beleza que afectan á nosa sociedade, facendo especial fincapé nas adolescentes.
Analizaremos o impacto emocional que esta violencia simbólica xera, facilitando recursos e claves ás e os adolescentes para camiñar cara a unha maior seguridade en si mesmas/vos, autocuidado e empoderamiento emocional e corporal, en especial por parte das nenas.
Todo iso a través dunha sesión en liña dinámica e participativa.
Esta conversa servirá de espazo de análise e reflexión sobre o modo en que se establecen os vínculos e vivencias sexo-afectivas na adolescencia.
Neste percorrido abordarase ,desde unha dimensión emocional, a vivencia do "ser mozo", "ser moza" ou "ser diferente" no contexto relacional.
Trataremos sobre as relacións posmillenial, as rede flags desde o mito do amor romántico, como un feito que perdura e sobre as dificultades emocionais nas relacións amorosas derivadas das identidades patriarcais.
Ofreceranse, ademais, algunhas claves para construír relacións saudables e baseadas no Bo Trato.
Todo iso a través dunha sesión en liña dinámica e participativa.
Nesta conversa exploraremos a nosa capacidade para identificar as violencias machistas nos espazos virtuais.
Reflexionaremos sobre o papel da internet como espazo de lexitimación da violencia de xénero, os principais riscos na internet e cales son os principais recursos e ferramentas de protección e defensa nas redes.
Ademais, poñeremos en valor as achegas positivas que poden achegar as Redes Sociais e falaremos do ciberactivismo como ferramenta de transformación social.
Todo iso a través dunha sesión en liña dinámica e participativa
Esta proposta trata de fomentar a capacidade de formular argumentos propios, reflexionados e coa madurez que require dentro das idades nas que está comprendida a proposta.
As palabras reflicten dun modo profundo os conceptos máis arraigados da nosa visión do mundo, moldeando ao mesmo tempo a realidade que nos arrodea.
Falar sobre novos conceptos e traer a debate temas que na actualidade preocupan ás mozas e mozos, alén dos paradigmas estáticos, favorece crear novos camiños favorables á igualdade e a diversidade.
Trátase de crear un espazo no que verbalizar as miradas e as sensacións das e dos adolescentes, compartir visións, valores, críticas e dúbidas sobre o mundo que as/os arrodea, do que son axentes activos e importantes protagonistas na participación da creación do seu propio futuro.
Programa educativo composto por obradoiros que tratan a Saúde Afectivo Sexual desde unha perspectiva de xénero nos que se traballa e reflexiona sobre as diferenzas de valores emocionais, afectivos e sexuais que nos transmiten segundo sexamos mozas ou mozos, as repercusións que estas diferenzas teñen nas nosas vidas e o impacto causado, neste ámbito polos roles socialmente establecidos.
A través destes talleres ofrécense ferramentas educativas para promover unha sexualidade igualitaria, libre, sa e pracenteira dado que non existe unha sexualidade normal, acomodada ou correcta. Só hai unha regra para unha sexualidade saudable: o respecto cara a unha mesma, cara a un mesmo e cara ás outras persoas.
Ao realizar estas actividades en coordinación co centro escolar poténciase a sensibilización do profesorado en relación á importancia da educación afectivo sexual desde unha perspectiva de xénero e a súa normalización dentro das aulas.
Programa educativo composto por sesións que fan uso de ferramentas atractivas, de natureza lúdica, que aproveiten e potencien a creatividade do alumnado destinatario. Estas sesións abordarán diferentes temáticas relacionadas coa promoción da igualdade e a diversidade, axustadas a cada nivel educativo.
Programa educativo composto por sesións que fan uso de ferramentas atractivas, de natureza lúdica, que aproveiten e potencien a creatividade do alumnado destinatario. Estas sesións abordarán diferentes temáticas relacionadas coa promoción da igualdade e a diversidade, axustadas a cada nivel educativo.
Programa educativo composto por sesións nas que se aproveitarán as capacidades adquiridas nas novas etapas do seu desenvolvemento, como o autoconcepto, o autocontrol e as relacións entre iguais para, a través do valor simbólico do xogo, narración ou representación de historias, abordar diferentes cuestións sobre a igualdade e a diversidade.
A educación de nenas e nenos entendida como un proxecto de crecemento común leva q facerse persoas con igualdade de dereitos e deberes, aprendendo a respectar a pluralidade e diversidade para lograr un desenvolvemento no respecto, a comprensión e a aceptación mutua.
resultados 9
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible