A Coruña cultural
Segunda edición. A saga continúa. Un curso máis creamos unha escena "de cinema" para a nosa contorna educativa. Luces, cámara e acción...
¿Aínda non vistes as curtametraxes máis premiadas da primeira edición? Podedes facelo na canle de Youtube que atoparedes máis abaixo.
O proxecto Ecopercussión nace no ano 2015 como ferramenta de apoio, para CEIP, IES e UNIVERSIDADES de Galicia, en materias como a percusión con materiais de reciclaxe, (ECOPERCUSSION) entre outras especialidades.
A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as Artes, no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, mellorando con iso o seu rendemento na aula.
MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.
A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados que lles vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar, , de FORMA SEGURA.
Todos os espectáculos serán no Forum Metropolitano, excepto "Crisálida" que será no Teatro Colón.
Os espectáculos para EI e EP ofértanse tamén ao público familiar o sábado seguinte ás 18.00 h e os espectáculos para E. Secundaria "Ragazzo", Ifixenia na porta do super" e "Relato para un incendio" o mesmo día ás 21.00 h para público xuvenil e adulto.
A película Valentina, gañadora dun Goya á mellor película de animación, mostra a experiencia dunha nena que está cansa de ter síndrome de Down, convencida de que ese é o motivo que lle impide alcanzar o seu soño: ser trapecista. Pero nunha viaxe máxica descubrirá todo aquilo do que é capaz.
Desde o Servizo Municipal de Educación, coa proxección desta película dirixida a alumnado de 1.º e 2.º de EP, quérese apoiar a vontade do proxecto de dar visibilidade a un colectivo que quere ser artífice da súa propia mensaxe no camiño cara á súa plena cidadanía.
Con este programa a Biblioteca Municipal de Estudos Locais pretende, desde unha formulación lúdica, achegar o alumnado e o profesorado ao mundo da biblioteca para coñecer os seus recursos, organización e servizos.
Visitas dirixidas ao segundo ciclo de Educación Infantil e a todos os niveis de Educación Primaria.
Percorrido guiado polas dependencias que configuran cada casa museo.
Programa escolar concibido como un intercambio de representacións entre grupos teatrais. Cada grupo crea/selecciona e ensaia unha obra de teatro para representala en dous centros educativos do Concello.
resultados 10
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible