Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Educación

Programas educativos

  • "Divertirse con seso" (educación igualitaria para peques)

    Con este taller contribuirase a que o alumnado poida reflexionar e experimentar situacións nas que os seus gustos, habilidades, destrezas e intereses persoais poidan desenvolverse a pesar das diferentes opcións socialmente impostas.

  • A que tren sobes? Prevención de consumo de tabaco e alcol

    Taller que ten como obxectivo previr o inicio do consumo e o uso de alcol e tabaco nos e nas menores, traballando as competencias sociais, os factores protectores e facendo unha análise práctica dos riscos do seu consumo.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso de internet

    Este taller teñen como obxectivo promover a toma de conciencia por parte das persoas participantes dos riscos asociados ao uso de internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.

  • A ruta da auga

    A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación ata a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución etc. De forma habitual as persoas usuarias obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. Como empregamos este recurso? Que consecuencias producimos coas nosas actitudes?

  • Alcance: prevención de hábitos nocivos asociados ao comezo do consumo de drogas

    O taller combina a intervención grupal con intervencións individuais, en casos de risco verificado, co/a menor e a súa familia.

    O centro escolar, que detecte un caso concreto de conduta problemática asociada ao comezo de consumo de drogas e estea interesado nesta actuación, pode solicitar esta intervención.

  • Alimentación e consumo

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Anelamento científico de aves

    Un programa de clasificación de seres vivos e de bioloxía experimental e método científico.

  • Antenas de información xuvenil

    Programa de acción voluntaria que consta da creación dunda rede de pequenas sucursais do Centro Municipal de Información Xuvenil, en 23 centros públicos (IES, CIFP, Escola Oficial de Idioma, Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música), e nos centros concertados con ESO e bacharelato da cidade.

  • Bolsas de estudos Junior Year para o curso 2019-2020

    Programa no que se lle ofrece a oportunidade ao alumnado de 4.º da ESO residente na cidade da Coruña de cursar o grao 11 en EE.UU. (equivalente a 1.º de Bacharelato)

  • Bolsas Europa FP. Proxecto Acoreuropa VIII

    Programa inscrito no programa Erasmus + da Unión Europea, que organiza e posibilita as prácticas de formación, de tres meses de duración, en empresas do Irlanda, Austria, Italia e Portugal para o alumnado co título de Técnico Superior en FP específica.

  • Camiños escolares ANCAS (Asociación de Nenos/as Camiñantes por un Ambiente Sostible e seguro)

    É un proxecto amigable que forma parte das estratexias do Concello da Coruña e Stop Accidentes para impulsar a mobilidade sustentable e converter as persoas viandantes no verdadeiro protagonista da seguridade viaria.

  • Campacoles

    A Federación Provincial de ANPAS en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais, leva a cabo o programa de actividades Campacole, baixo o formato de campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor. Estes campamentos levaranse a cabo en diversos CEIP da Coruña (por agora sen determinar).

  • Catro dons para a igualdade (educación para a igualdade na preadolescencia)

    Este taller trata de promover valores e actitudes igualitarias e non discriminatorias que axuden a sentar as bases dunha convivencia en igualdade partindo do coñecemento dun/dunha mesmo/a.

  • Certame de monólogos cómicos en lingua galega

    Acción de dinamización lingüística consistente nun concurso de monólogos cómicos para potenciar a comprensión e a expresión oral, ademas da creatividade e a naturalidade no uso da lingua galega.

  • Compras seguras

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña

  • Concertos en familia

    Os concertos en familia son unha actividade orientada ao público familiar co obxectivo de achegar os/as máis pequenos/as da familia a escoitar música en directo, socializando ao máximo o acceso á música. A programación está deseñada para que o público de diversas idades comparta a emoción do encontro artístico que supón un concerto, cada un deles único e irrepetible.

  • Concurso IX Festival CinEOI Coruña Curtas 2019

    Acción de dinamización lingüística consistente en impulsar e organizar a participación do alumnado de EP e ESO no festival anual de curtas en galego organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística da Escola Oficial de Idiomas da Coruña e o Concello da Coruña, coa finalidade de promover a creatividade audiovisual en galego.

  • Concurso sensores para todos

    Sensores para todos é un certame no que, a través do obxectivo explícito de achegar a xente nova á programación e ao uso das moi activas tecnoloxías electrónicas e robóticas, busca fomentar a súa creatividade, a capacidade de resolución de problemas e a investigación no campo STEM -Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, e Matemáticas- á vez que se desenvolven aptitudes e actitudes para o traballo en equipo, e a aprendizaxe compartida.

  • Consumo consciente, colaborativo e responsable

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Contos para emocionar (educación afectivo-sexual para peques)

    Este programa educativo comprende unha serie de "contos dramatizados" e de actividades coas que se traballa a construción da sexualidade e os vínculos afectivos desde o respecto, a autoestima e a liberdade desde unha perspectiva de xénero.

  • Cóxegas

    Programa de fomento da conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as ANPA non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

  • Deporte no centro

    Actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade, desde a filosofía do "deporte para todos e todas"

  • Dereitos e deberes das persoas consumidoras

    Programa de Educación para o Consumo, destinado ao alumnado de centros educativos da Coruña.

  • Diferentes pero iguais (educación para a igualdade e a convivencia)

    Este taller trata de favorecer a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de actitudes conducentes á igualdade de trato e oportunidades entre as nenas e os nenos.

  • Educa Saúde

    Programa de prevención e formación que aborda a saúde dunha forma integral, creando e ensinando hábitos de vida saudables desde a infancia. Desenvólvese en tres ámbitos fundamentais: físico, psicolóxico e relacional. O programa inclúe tamén as familias como axente determinante na transmisión destas condutas.

Resultados: 114

Programas educativos

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?