Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

A Coruña tardes

  • Arte e cultura no centro 2024-25

    O programa "Arte e Cultura no Centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral a través dun amplo abanico de actividades artísticas e culturais nunha contorna lúdica.

    Organízanse a través de dúas propostas diferenciadas: "OBRADOIROS" e/ou "LUDIVERSO".

  • Campacoles 2024-25

    A Federación Provincial de ANPA en convenio co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa de "Campacole", que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

  • Cóxegas 2024-25

    CÓXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral durante o mes de setembro para escolares de centros públicos. Os nenos e as nenas gozarán de xogos, deportes e actividades lúdicas como teatro e arte, participando nunha emocionante aventura que se desenvolve ao longo de tres semanas.

  • Deporte no centro 2024-25

    O programa DEPORTE NO CENTRO promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral da rapazada, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.

    Os obxectivos principais son o gozo, a participación inclusiva, os hábitos saudables, o desenvolvemento de habilidades e o uso positivo do tempo libre.

    A nosa metodoloxía activa garante que todo o alumnado estea cómodo e gozar plenamente das actividades, independentemente do seu nivel.

  • Idiomas no centro 2024-25

    IDIOMAS NO CENTRO é unha emocionante proposta de lecer centrada na aprendizaxe de idiomas estranxeiros de forma divertida.

  • Summer Talk 2024-25

    O servizo municipal de Educación, en colaboración coa Federación de ANPA de centros públicos da Coruña, organiza o programa Summer Talk, a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo, no cal, a través de actividades de dinamización dirixidas ao alumnado de E. primaria e ESO, foméntase a expresión e comprensión oral da lingua inglesa.

resultados 6

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión