A Coruña das ciencias
Sesións de formación e de familiarización no manexo de drons para posteriormente participar no concurso.
Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora e de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e da programación de Droneblocks do dron Tello.
A exposición "Converxencias, arte e ciencia", organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxías e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.
A XVIII edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e afondar na ensino-aprendizaxe das matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, animando a nenos/as e maiores a resolver problemas matemáticos diversos. Organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).
O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria. A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM) que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade. O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.
Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das matemáticas.
Visita a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae para grupos escolares con reserva previa
Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde o obxectivo é adquirir formación precisa para participar no concurso. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.
resultados 7
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible