A Coruña saúde
Obradoiro que ten por obxecto promover unha reflexión e actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables respecto ao consumo de substancias en xeral e do consumo de alcohol e cannabis en particular.
Obradoiro que ten como obxectivo previr no alumnado o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.
Este obradoiro ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da Internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.
Obradoiro que promove o pensamento crítico, a influencia das ideas preconcibidas nas condutas e a comprensión da manipulación mediática a través da Internet e outros medios.
Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos, sensacións ... e a súa incorporación de forma saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.
Obradoiro que ten por obxecto favorecer decisións saudables no uso adecuado das redes e valorar a súa influencia nos comportamentos propios e alleos
Obradoiro para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables, que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de substancias adictivas.
Obradoiro que ten por obxecto facilitar información obxectiva para promover a análise sobre a influencia das redes sociais no comportamento e fomentar o seu uso dunha forma adecuada e sen riscos.
Obradoiro que promove as habilidades persoais e o traballo cooperativo de quen participa, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de ciberacoso e acoso escolar.
Obradoiro que ten por obxecto fortalecer as habilidades e competencias para unha actitude crítica fronte ao consumo de substancias e a xestión de posibles situacións de risco.
Obradoiro que ten por obxecto de fortalecer as habilidades e competencias para unha actitude crítica fronte ao consumo de substancias e a xestión de posibles situacións de risco.
Este taller ten como obxectivo a prevención do uso inadecuado de redes sociais e xogos interactivos, así como a súa derivación en condutas de risco asociadas (ludopatía).
Obradoiro que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociais e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de substancias adictivas e alcohol en particular.
Charlas de primeiros auxilios orientadas ao alumnado dos centros educativos e ao seu persoal docente.
Obradoiro que ten por obxecto promover a toma de decisións saudables no uso das redes sociais e os videoxogos, cunha metodoloxía baseada no uso de actividades TRICs.
Obradoiro que ten por obxecto promover a toma de decisións saudables no uso das redes sociais e os videoxogos, cunha metodoloxía baseada no uso de actividades TRICs.
Obradoiro que ten por obxecto fomentar hábitos saudables para previr o inicio de consumo de alcohol e tabaco.
resultados 17
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible