A Coruña orienta
As Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025) están organizadas polo Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña e teñen como obxectivo informar sobre os estudos Superiores de Deseño e os ciclos de Formación Profesional (ordinaria e básica) que se imparten nos centros públicos da cidade da Coruña.
Organizadas como visitas guiadas ás instalacións, complementadas con charlas informativas sobre o sistema de acceso, o seu contido e as súas saídas profesionais.
O alumnado asistente e o profesorado dos Departamentos de Orientación recibirán a guía TI ELIXES 2025, con información actualizada de estudos, bolsas e axudas de Educación Secundaria, Formación Profesional, estudos Superiores e Universitarios, así como recursos de procura de emprego.
Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de Centros con ciclos formativos de Formación Profesional e Ensino Especial situados no municipio da Coruña. O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes mediante a formación e titorización ao alumnado, ademais ofrécense premios que priman as mellores iniciativas emprendedoras.
O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.
Programa educativo que fomenta os valores da economía social e o espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.
Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas co obxecto de posibilitar que os estudantes de FP dos Institutos de Ensino Secundario do municipio, dispoñan da información e o asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.
resultados 4
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible