A Coruña cultural
Concerto didáctico sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos
Prepara o teu alumnado para unha aventura onde o humor, a creatividade e a nosa lingua galega se unen nunha explosión de gargalladas e aprendizaxe.
A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as artes, no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias, mellorando con iso o seu rendemento na aula.
MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como o desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.
Para a celebración do Samaín propóñense uns talleres e un pasarrúas para realizar co alumnado dos centros educativos da cidade.
A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados, e que estes lles vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar de FORMA SEGURA.
O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar de forma segura.
O proxecto consta dunha serie de concertos para escolares, no que o alumnado asistirá a diferentes sesións nas que participará dun concerto en modalidade de oínte ou activo, compartindo nese caso, escenario conxuntamente co profesorado da Banda Municipal.
Visitas dirixidas ao segundo ciclo de educación infantil e a todos os niveis de educación primaria
Percorrido guiado polas dependencias que configuran cada casa museo.
Exposición de peonzas: historia, descrición, clasificación, actividades cos nenos.
Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo e recibe o grupo de teatro do devandito centro.
resultados 12
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible