Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

A Coruña saúde

  • A máscara das drogas 2025-26

    Taller que ten por obxecto promover unha reflexión e actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables respecto ao consumo de sustancias en xeral e do consumo de alcol e cannabis en particular.

  • A mellor estratexia de xogo 2025-26

    Taller que ten como obxectivo previr no alumnado o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes e o establecemento de estratexias sobre o seu uso.

  • A rede e as súas redes. Prevención de riscos asociados ao uso da internet 2025-26

    Este taller ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso da internet e facilitar habilidades para moverse neste novo "habitat" con seguridade.

  • Atrápate o molde? Promoción do pensamento crítico e prevención da manipulación mediática 2025-26

    Taller que promove o pensamento crítico, a influencia das ideas preconcibidas nas condutas e a comprensión da manipulación mediática a través de Internet e outros medios.

  • Con-tacto con palabras: promoción da saúde mental no ámbito escolar 2025-26

    Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos, sensacións ... e a súa incorporación de forma saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.

  • Enredos na rede 2025-26

    Taller que ten por obxecto favorecer decisións saudables no uso adecuado das redes e valorar a súa influencia nos comportamentos propios e alleos.

  • Fuga de cerebros: habilidades sociais fronte ás adiccións 2025-26

    Taller para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables, que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de sustancias adictivas.

  • Infiltrados/as na rede 2025-26

    Taller que ten por obxecto facilitar información obxectiva para promover a análise sobre a influencia das redes sociais no comportamento e fomentar o seu uso dunha forma adecuada e sen riscos.

  • Iso xa non é unha broma: prevención de acoso escolar e ciberacoso 2025-26

    Taller que promove as habilidades persoais e o traballo cooperativo de quen participa, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e previr posibles situacións de ciberacoso e acoso escolar.

  • O valor do “Non, eu paso!” 2025-26

    Taller que ten por obxecto de fortalecer as habilidades e competencias para unha actitude crítica fronte ao consumo de sustancias e a xestión de posibles situacións de risco.

  • Prevención, abordaxe e xestión de conflitos 2025-26

    Taller que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociales e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de sustancias adictivas e alcol en particular.

  • Taller de prevención no uso da internet, redes sociais e xogos interactivos 2025-26

    Este taller ten como obxectivo a prevención do uso inadecuado de redes sociais e xogos interactivos, así como a súa derivación en condutas de risco asociadas (ludopatía).

  • Videoxogos e o seu dominio 2025-26

    Taller que ten por obxecto promover a toma de decisións saudables no uso das redes sociais e os videoxogos, cunha metodoloxía baseada no uso de actividades TRICs.

  • “Ti, eu e outros/as”. Prevención do consumo de alcol e tabaco 2025-26

    Taller que ten por obxecto fomentar hábitos saudables para previr o inicio de consumo de alcol e tabaco.

resultados 14

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión