Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos

A Coruña participa

  • Antenas de información juvenil 2025-26

    O Departamento de Mocidade do Concello da Coruña, a través dos Espazos Municipais de Información Xuvenil, sitúan, en centros públicos e tamén en centros concertados con ESO e bacharelato da cidade, unha rede de pequenas sucursais informativas durante o curso escolar.

  • Consello Local da Infancia da Coruña 2025-26

    O Concello da Coruña, a través do Servizo de Educación, promove o Consello Local da Infancia da Coruña, CLIAC, cuxo obxectivo é constituír un grupo estable de traballo con nenos e nenas da cidade que traslade a voz de infancia ás políticas públicas do concello.

  • Día Internacional do Xogo 2025-2026

    O Concello da Coruña súmase á celebración do Día Internacional do Xogo cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade.

    O Día Internacional do Xogo é unha xornada proclamada oficialmente pola ONU (https://www.un.org/es/observances/international-day-of-play ), que se celebra anualmente o 11 de xuño, para destacar a importancia de preservar, promover e dar prioridade ao xogo para que todas as persoas, especialmente os nenos e as nenas, poidan cultivar os seus froitos e desenvolver todo o seu potencial.

  • Paixón laranxa: a voz do Coliseum 2025-26

    O concurso de cánticos de animación para escolares é unha iniciativa innovadora para fomentar o espírito deportivo e o sentido da comunidade na cidade. Coa participación dos colexios e o apoio da afección, fortalécese o vínculo entre o Club Básquet Coruña e as futuras xeracións de afeccionados e afeccionadas, garantindo un ambiente vibrante e respectuoso no Coliseum.

  • Pleno infantil 2025-26

    O Concello da Coruña, en colaboración con UNICEF, súmase á celebración do 20 de novembro do Día Internacional da infancia, cunha programación especialmente dirixida á infancia, organizada en coordinación cos centros educativos públicos da cidade e nenos/as participantes do Consello Local da Infancia (CLIAC).

    O Pleno Infantil, co lema "Violencia dixital" terá lugar o xoves 27 de novembro no Salón de Plenos Municipal, onde unha representación do alumnado participante expoñerá as conclusións sobre o material traballado previamente na aula.

  • Sementando Participación 2025-26

    "Sementando participación" é un programa que leva a cabo desde 2018 co obxectivo de xerar un proceso de participación infantil para que nenas, nenos e adolescentes da cidade coñezan e practiquen técnicas, ferramentas e habilidades para a participación cívica.

resultados 6

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión