Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos buscador móbil

A Coruña tardes

  • Actividades adaptadas no CEE Nosa Señora do Rosario 2026-27

    O proxecto piloto de actividades complementarias adaptadas no CEE Nosa Señora do Rosario busca poñer o foco de atención nas necesidades das e dos escolares con necesidades educativas especiais.

    O alumnado con necesidades educativas especiais é único e igual ao mesmo tempo, polo que ten dereito a que se cre un programa de actividades complementarias (fóra da súa xornada lectiva) a través do cal poida practicar deporte e cultura do mesmo xeito que os demais nenos e nenas, aínda que de forma adaptada ás súas necesidades.

  • Arte e cultura no centro 2026-27

    O programa "Arte e Cultura no Centro" ofrece unha experiencia educativa que complementa a xornada escolar de nenos e nenas, promovendo o seu desenvolvemento integral e a creatividade a través dun amplo abano de actividades artísticas e culturais. A través da experimentación, a expresión corporal, o teatro ou as artes plásticas, os participantes exploran a súa creatividade, desenvolven habilidades emocionais e comunicativas e descobren distintas formas de expresión persoal.

    Todo isto nunha contorna lúdica, participativa e respectuosa, onde o importante é experimentar, crear e gozar da cultura desde a infancia.

    O programa organízase a través de Obradoiros

  • Campacoles. Verán 2027

    A Federación Provincial das ANPA, en convenio co Concello da Coruña, e co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias nos períodos vacacionais (a partir da última semana de xuño e durante o mes de xullo), leva a cabo o programa Campacoles, que se desenvolve como campamentos urbanos con servizo de madrugadores e comedor.

  • Chorus - Concerto pola Paz 2027 (en horario extraescolar)

    O programa "Chorus" é un programa educativo e cultural do Concello da Coruña para a formación de coros infantís.

    Iniciouse no curso 2025/2026 nos centros educativos e desenvolveuse en horario lectivo, cunha ampla participación e a implicación de centros escolares e formacións musicais de referencia.

    Nesta nova edición, incorpora a colaboración da Federación Provincial de ANPAS, integrándose nas actividades extraescolares para facilitar a participación das nenas e nenos interesados.

    O programa está baixo a coordinación de Fernando Briones, profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña e director titular da Orquestra e coro Gaos.

  • Cóxegas 2026-27

    CÓXEGAS ofrece unha solución para a conciliación familiar e laboral durante o mes de setembro para escolares de centros públicos.

    Os nenos e as nenas gozarán de xogos, deportes e actividades lúdicas como teatro e arte, e participarán nunha emocionante aventura onde se promoven hábitos e normas de convivencia e se fomenta o desenvolvemento integral e a creatividade.

  • Deporte no centro 2026-27

    O programa "Deporte no centro" promove o poder do deporte para o desenvolvemento integral dos/as menores, xa que non só promove a actividade física, senón que tamén ensina valores e habilidades fundamentais.

  • Idiomas no centro 2026-27

    Idiomas no centro é unha emocionante proposta de lecer para a promoción da aprendizaxe de idiomas estranxeiros (inglés ou francés) nun ambiente lúdico e participativo.

    Centrada na expresión oral, a escoita e a conversa a través de xogos e dinámicas adaptadas aos intereses do alumnado.

  • Natación escolar 2026-27

    O Servizo Municipal de Deportes do Concello da Coruña oferta, para escolares dos centros educativos públicos da cidade, o programa de Natación Escolar 2026/2027, co fin de posibilitarlles aos e ás escolares da cidade unha aprendizaxe significativa no medio acuático e un avance das súas técnicas de natación.

resultados 8

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión