A Coruña no mundo
Programa mediante o cal ao alumnado de 4.º da ESO empadroado no Concello da Coruña e matriculado nun centro educativo da cidade durante o curso 2026/27 ofréceselle a oportunidade de cursar o Grao 11 (equivalente a 1.º de Bacharelato) no Canadá, durante o curso 2027/28.
O programa ofrece a oportunidade de perfeccionar o inglés e profundar no dominio do coñecemento real doutra cultura, obtendo ademais un certificado do nivel alcanzado segundo o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
O programa Intercambio Escolar Eixo Atlántico busca facilitar o intercambio entre escolares dos diferentes municipios de Galicia e Norte de Portugal integrantes do Eixo Atlántico, para compartir experiencias entre escolares.
Os intercambios escolares terán lugar durante 3 días nos meses de abril e/ou maio de 2027.
resultados 3
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible