Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos buscador móbil

A Coruña das ciencias

  • Concurso de Drons 2026-27

    Sesións de formación e de familiarización no manexo de drons para posteriormente participar nun concurso a nivel autonómico.

    Trátase de propiciar a introdución na aula dunha tecnoloxía nova e motivadora, así como de alcanzar obxectivos educativos a través do manexo e programación con Droneblocks do dron Tello.

    Abordaranse as posibilidades e limitacións para o voo de drons. As súas características e manexo, así como a forma de accionar e controlar un dron desde un computador ou dispositivo móbil. Realizarase a programación de drons utilizando Droneblocks, que está baseado en Scratch (linguaxe de programación a través de bloques, creado polo MIT).

  • Converxencias, arte e ciencia 2027. Exposición Escher

    A exposición Converxencias, arte e ciencia: Escher, organizada pola Institución Galega de Ciencia (IGACIENCIA) e o Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, enmárcase dentro das actividades de difusión da ciencia e da cultura científica na sociedade, para mostrar as sinerxias e os vínculos entre a arte e a ciencia, propiciar a comprensión do método científico, a resolución de problemas, o espírito crítico e o interese social pola ciencia e a innovación como base do progreso.

  • Feira Matemática 2026-27

    A XX edición da Feira Matemática é unha xornada para divulgar e profundar no ensino-aprendizaxe das Matemáticas e para conseguir unha intercomunicación social, matemática, lúdica, práctica e agradable, en que se anima a nenos/as e maiores a resolveren problemas matemáticos diversos. Está organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (Agapema).

  • Obradoiro e concurso galego de robótica "A maxia da robótica" 2026-2027

    Trátase dun obradoiro de programación e robótica onde o obxectivo é adquirir formación precisa para participar nun concurso a nivel autonómico. Os conceptos computacionais utilízanse para enfocar e resolver problemas reais, comunicarnos con outras persoas e xestionar múltiples aspectos da nosa vida cotiá.

  • Rebumbio matemático 2026-27

    Actividade para fomentar o espírito cooperativo e de traballo en grupo a través das Matemáticas.

  • VI Concurso Imaxina Coruña (curso 2026-27)

    O programa Imaxina Coruña nace como unha iniciativa municipal de carácter innovador que pretende difundir a cultura científica e tecnolóxica entre o alumnado de secundaria.

    A organización propoñerá un tema que servirá de marco para que o alumnado participante desenvolva un proxecto orixinal empregando ferramentas científicas, tecnolóxicas e matemáticas (STEM), que teña como finalidade contribuír á resolución dun problema real da sociedade.

    O proxecto finalizará coa presentación pública dos experimentos ou materiais creados que cheguen á fase finalista.

  • Visitas escolares aos Museos Científicos Coruñeses 2026-27

    Visitas á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae para grupos escolares que realicen reserva previa.

  • XXXI Día da Ciencia na Rúa (2027)

    Dende o ano 1996 celébrase anualmente o "Día da Ciencia na Rúa", posto en marcha pola Asociación de Amigos dos Museos e, dende hai uns anos, organizado polos Museos Científicos da Coruña.

    A edición do ano 2027 realizarase o sábado 8 de maio, no parque de Santa Margarida.

    O "Día da Ciencia na Rúa" pretende, principalmente, achegar aos e as máis novas ao mundo da ciencia, a través de propostas nas que eles e elas serán os/as protagonistas, sacando a ciencia á rúa, divulgando o coñecemento científico e presentándoa como un xogo ao alcance de todos/as.

resultados 8

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión