A Coruña saúde
Fomento das habilidades persoais e sociais necesarias para adoptar decisións informadas e críticas fronte o consumo de alcohol e bebidas enerxéticas, promovendo un modelo de lecer saudable e consciente.
Taller que ten por obxecto promover unha reflexión e actitude crítica que contribúa á toma de decisións saudables respecto ao consumo de substancias en xeral e do consumo de alcohol e cannabis en particular.
Taller que ten como obxectivo previr no alumnado o uso inadecuado dos videoxogos e a toma de conciencia sobre as vantaxes e inconvenientes, así como o establecemento de estratexias sobre o seu uso.
Este taller ten como obxectivo promover a toma de conciencia por parte dos participantes dos riscos asociados ao uso de Internet, así como facilitar habilidades para moverse neste novo "hábitat" con seguridade.
Xornada formativa, organizada pola Fundación EMALCSA e o Servizo Municipal de Educación, destinada ao profesorado dos centros de ensino da Coruña interesado en adquirir técnicas e coñecementos para traballar co alumnado de necesidades educativas especiais desde as artes.
Taller que promove o pensamento crítico, a influencia das ideas preconcibidas nas condutas e a comprensión da manipulación mediática a través de Internet e outros medios.
A sección de Axente Titor da Policía Local do Concello da Coruña pon en marcha, para o curso 2026/2027, dúas actividades dirixidas ao alumnado de 6.º de EP e de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO, respectivamente.
A primeira actividade, "Entre placas e pegadas", consiste nunha visista ás instalacións policiais cunha demostración práctica da unidade canina.
A segunda actividade, dirixida ao alumnado de ESO, consiste en intervencións nos centros educativos orientadas á protección dos menores, a mellora da convivencia escolar e a prevención do consumo de substancias no ámbito educativo.
Actividades relacionadas
Ten como obxectivo promover o benestar emocional do alumnado a través da expresión das súas experiencias, pensamentos, sensacións... e a súa incorporación de forma saudable ao seu hábitat emocional (regularización de emocións, prevención de ansiedade...), como parte da prevención de riscos asociados ao comezo de condutas adictivas.
Desenvolvemento de competencias persoais e sociais que favorezan actitudes preventivas fronte aos riscos do uso de vapeadores e o consumo de tabaco.
Data Forum Escolar: Tribunal de convivencia
Taller que ten por obxecto favorecer decisións saudables no uso adecuado das redes e valorar a súa influencia nos comportamentos propios e alleos.
Rimamos xunt@s pola convivencia, inclusión, respecto e diversidade.
Freestyle People School é un programa piloto que busca promover a convivencia positiva, a educación emocional e a prevención das violencias dixitais e de xénero nos centros educativos empregando as ferramentas do freestyle rap, a improvisación e as artes urbanas.
Taller para fomentar no alumnado as habilidades de comunicación e as competencias para a toma de decisións autónomas e saudables, que actúan como factores de protección fronte ao comezo do consumo de substancias adictivas.
Taller que ten por obxecto facilitar información obxectiva para promover a análise sobre a influencia das redes sociais no comportamento e fomentar o seu uso dunha forma adecuada e sen riscos.
Taller que promove as habilidades persoais e o traballo cooperativo de quen participa, desde unha perspectiva de xénero, para unha convivencia saudable e para previr posibles situacións de ciberacoso e acoso escolar.
Taller que ten por obxecto fortalecer as habilidades e competencias para unha actitude crítica fronte ao consumo de substancias e a xestión de posibles situacións de risco.
Taller que ten por obxecto promover no alumnado actitudes prosociais e saudables, que proporcionen as ferramentas adecuadas para unha abordaxe e xestión saudable e positiva dos conflitos en xeral e ante as situacións relacionadas co consumo de substancias adictivas e alcohol en particular.
Este taller ten como obxectivo a prevención do uso inadecuado de redes sociais e xogos interactivos, así como a súa derivación en condutas de risco asociadas (ludopatía).
Taller que ten por obxecto promover a toma de decisións saudables no uso das redes sociais e os videoxogos, cunha metodoloxía baseada no uso de actividades TRICs.
resultados 19
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible