A Coruña orienta
Os espazos municipais de información xuvenil do Concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da área de Benestar Social, Participación e Igualdade.
Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e que os define como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
Programa de difusión do espírito emprendedor entre o alumnado de centros con ciclos formativos de Formación Profesional e Ensino Especial situados no municipio da Coruña.
O programa proporciona apoio ao profesorado dos centros participantes mediante a formación e tutorización ao alumnado. Ademais ofrécense premios que priman as mellores iniciativas emprendedoras.
O alumnado poderá optar a participar nunha feira na que se premian os tres mellores proxectos.
Programa educativo que fomenta os valores da economía social e o espírito emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula.
Os seminarios de motivación para a procura de emprego son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas co obxectivo de posibilitar que o alumnado do municipio dispoña da información e do asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.
Actividades relacionadas
resultados 4
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible