Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programas educativos buscador móbil

A Coruña cultural

  • Chorus - Concerto pola Paz 2027 (en horario escolar)

    O programa "Chorus" é un programa educativo e cultural do Concello da Coruña para a formación de coros infantís/xuvenís de nenas e nenos.

    Iniciouse no curso 2025/2026 nos centros educativos e desenvolveuse en horario lectivo, cunha ampla participación e a implicación de centros escolares e formacións musicais de referencia.

    Nesta nova edición, incorpora a colaboración da Federación Provincial de ANPA e intégrase nas actividades extraescolares para facilitar a participación das nenas e nenos interesados.

    O programa está baixo a coordinación de Fernando Briones, profesor do Conservatorio Superior de Música da Coruña e director titular da Orquestra e do coro GAOS.

  • Cinema na Escola 2026-27

    "Cinema na Escola" busca achegar esta disciplina artística audiovisual ás e aos máis novos, aos centros e ao seu persoal docente, para que comproben de primeira man e a través do mundo da curtametraxe como as novas tecnoloxías nos facilitan o acceso a esta potente ferramenta, didáctica e experiencial.

    Un curso máis creamos unha escena "de cinema" na nosa contorna educativa para elaborarmos unha curtametraxe en lingua galega: luces, cámara e acción...

  • Mus-e 2026-27

    A inclusión educativa e social desde a arte.

    A finalidade do Programa MUS-E é o traballo desde as Artes no ámbito escolar, como ferramenta que favorece a integración social, educativa e cultural do alumnado e as súas familias. Contempla o desenvolvemento da intelixencia emocional como fonte que pretende fomentar a cohesión social e loitar contra a posible exclusión de nenos e nenas que viven en ambientes desfavorecidos.

    MUS-E fai fincapé na importancia do diálogo e a interacción así como no desenvolvemento da creatividade e a imaxinación na práctica educativa para a mellora das aprendizaxes na escola e o traballo en valores.

  • Son futuro: concertos didácticos 2026-27

    A intención do programa "Son futuro" é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados, e que estes lles vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.

  • Son futuro: concertos en familia 2026-27

    Os concertos en familia son unha actividade orientada ao público familiar co obxectivo de achegar os máis pequenos da familia para escoitar música en directo, socializando ao máximo o acceso á música.

    A programación está deseñada para que o público de diversas idades comparta a emoción do encontro artístico que supón un concerto, cada un deles único e irrepetible.

  • Son futuro: ensaios xerais abertos 2026-27

    O alumnado de ESO e Bacharelato asiste a unha das partes dos ensaios xerais da OSG que teñen lugar o mesmo día ou o día anterior ao concerto da programación de tempada da OSG, no Palacio da Ópera.

  • Tambores de aventura: historia da música militar

    Un percorrido pola historia da música militar.

    O alumnado cruzará as portas do Cuartel de Atocha para participar en "Tambores de aventura" da man da Comandante Xefa de Operacións Sonoras.

  • Todo público: teatro para centros escolares 2026-27 (outono)

    O IMCE ofrécelles aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar de forma segura.

  • Visitas escolares ás casas museo: Picasso, María Pita e Casares Quiroga 2026-27

    Percorrido educativo guiado polas dependencias que configuran cada casa museo, adaptado ao nivel do alumnado.

  • Visitas escolares ás bibliotecas 2026-27

    Visita á biblioteca municipal de referencia con actividades previas na biblioteca escolar do centro, dirixidas ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (4º a 6º) e de Educación Primaria.

  • XXXVI Mostra de Teatro Escolar (curso 2026-27)

    Programa educativo concibido como un intercambio de representacións entre os grupos de teatro escolar do Concello da Coruña. Cada grupo crea ou selecciona e ensaia unha obra de teatro, para representala noutro centro educativo, e recibe ao grupo de teatro do devandito centro.

resultados 11

  • 1 Páxinas
  • 1

Programas educativos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión