A Coruña vial
STOP Accidentes desenvolve un modelo de intervención socioeducativa dirixido á poboación moza, co obxectivo de fomentar unha mobilidade segura, autónoma e sustentable. A través de metodoloxías activas e participativas adaptadas a cada colectivo, promóvense actitudes responsables como peóns, persoas usuarias de bicicletas e vehículos de mobilidade persoal (patinetes), persoas pasaxeiras ou futuras persoas condutoras, para o que se aliña a intervención cos principios da educación para a cidadanía, a sustentabilidade e a prevención dos sinistros viarios.
O programa adapta a súa intervención aos distintos tramos de idade e momentos evolutivos e favorece a adquisición de coñecementos, habilidades e valores relacionados coa convivencia, a corresponsabilidade, a percepción do risco e o respecto ás normas que regulan unha mobilidade segura, tanto en contornas urbanas como interurbanas.
A mobilidade cotiá forma parte do proceso educativo e constitúe unha oportunidade para fomentar desde a infancia hábitos de desprazamento seguros, saudables, autónomos e respectuosos coa contorna. Os camiños escolares seguros favorecen o desenvolvemento persoal do alumnado, promoven a mobilidade activa e contribúen á creación de cidades máis accesibles, sostibles e amables para a infancia.
A través de actividades adaptadas ás capacidades e necesidades de cada etapa educativa, o proxecto sensibiliza sobre a importancia da prevención, a convivencia e a seguridade viaria, favorecendo a implicación da comunidade educativa na construción de contornas escolares máis seguros, saudables e sostibles.
O concurso "Agora imos andando ao cole" trátase dunha actividade educativa dirixida ao alumnado de 3.º a 6.º de EP dos centros educativos da Coruña.
A través da expresión artística e escrita, preténdese fomentar a reflexión sobre a mobilidade segura e sustentable, promovendo o camiño escolar como unha alternativa saudable, autónoma e respectuosa coa contorna.
O programa de Educación Viaria do Concello da Coruña é unha actividade dirixida e realizada pola Policía Local da nosa cidade. Busca mellorar a seguridade viaria dos escolares mediante unha formación adecuada e adaptada ás necesidades e diversidade dos grupos, destacando a transmisión de valores e actitudes de condutas cívicas, e por tanto, viarias.
resultados 4
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible