A Coruña e o consumo
Área temática orientada a fomentar hábitos de alimentación saudables e un consumo responsable entre o alumnado.
A través de distintos talleres, trabállanse aspectos clave como a nutrición, a interpretación da etiquetaxe, a planificación da compra ou a redución do desperdicio alimentario, e promóvese unha reflexión crítica sobre como as decisións de consumo inflúen na saúde e na contorna.
Os talleres da área de compras seguras están orientados a que o alumnado coñeza os riscos asociados aos produtos de uso cotián e aprenda a identificalos e previlos. A través de actividades prácticas, trabállanse aspectos relacionados coa seguridade dos produtos, a etiquetaxe e as pautas de uso seguro en diferentes contornas. Estas actividades contribúen ao desenvolvemento da autonomía persoal, a educación para a saúde e a prevención de riscos, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro como actividades complementarias vinculadas a competencias clave.
Actividades relacionadas
Os talleres da área de consumo consciente, colaborativo e responsable están orientados a que o alumnado coñeza diferentes formas de consumo que priorizan a ssostibilidade, a xustiza social e o uso eficiente dos recursos. A través de actividades prácticas e participativas, abórdanse aspectos como o comercio de proximidade, o consumo responsable, a xestión de recursos e a economía circular.
Estas actividades contribúen ao desenvolvemento do pensamento crítico, a educación en valores e a sostibilidade, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro.
Actividades relacionadas
Os talleres da área de Consumo actual e novas tecnoloxías están orientados a que o alumnado coñeza as posibilidades e riscos asociados ao uso de Internet, as redes sociais e o comercio electrónico. A través de actividades prácticas e participativas, trabállanse aspectos relacionados coa seguridade dixital, a protección de datos e a toma de decisións informadas na contorna en liña.
Estas actividades contribúen ao desenvolvemento da competencia dixital, o pensamento crítico e a educación para o consumo responsable, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro como actividades complementarias vinculadas a competencias clave.
Os talleres da área de dereitos das persoas consumidoras están orientados a que o alumnado coñeza a normativa básica en materia de consumo e aprenda a exercer os seus dereitos de forma efectiva. A través de actividades prácticas e participativas, abórdanse situacións reais relacionadas coa compra de bens e servizos, a atención ao consumidor e a resolución de conflitos.
Estas actividades contribúen ao desenvolvemento da competencia cidadá, a autonomía persoal e a participación responsable, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro.
Actividades relacionadas
Os talleres da área "Menores e consumo" están orientados a dotar o alumnado de ferramentas para actuar como persoas consumidoras responsables, especialmente na infancia. A través de actividades prácticas e participativas, trabállanse aspectos como o uso responsable de xoguetes, a influencia da publicidade e o desenvolvemento de actitudes igualitarias e sostibles.
Estas actividades contribúen ao desenvolvemento de competencias relacionadas coa educación en valores, a convivencia, a igualdade e o pensamento crítico, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro.
Os talleres da área de Publicidade están orientados a que o alumnado comprenda como inflúen as mensaxes publicitarias nos seus hábitos de consumo e na construción de valores e estereotipos. A través de actividades prácticas e participativas, analízanse distintos formatos publicitarios e as estratexias empregadas para captar a atención e fomentar a compra.
Estas actividades contribúen ao desenvolvemento do pensamento crítico, a educación en valores e a alfabetización mediática, facilitando a súa integración no currículo educativo e na programación do centro como actividades complementarias vinculadas a competencias clave.
O programa "Visita o teu mercado" é unha actividade complementaria integrada no currículo, orientada a promover a alimentación saudable, o consumo responsable e o coñecemento da contorna próxima. Mediante unha metodoloxía activa e participativa, contribúe ao desenvolvemento de competencias clave fomentando habilidades, hábitos saudables e a participación responsable (CC3).
A actividade vincúlase especialmente con áreas como Ciencias sociais, Ciencias da natureza, Linguas e Educación en valores, co fin de favorecer unha aprendizaxe práctica e significativa. Articúlase en coordinación co traballo na aula, e garante a súa coherencia coa programación didáctica e a actividade lectiva.
resultados 8
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible