Accións educativas
O concurso de creatividade "Postal de Nadal" trátase dun concurso de debuxo sobre o Nadal, que ten como obxectivo mostrar a creatividade das nosas nenas e nenos durante estas festas.
O debuxo gañador será utilizado pola Alcaldesa da cidade para felicitar o Nadal a todos os coruñeses e todas as coruñesas.
Visita aos colexios dun xogador do Hóckey Club Liceo.
Co obxectivo de romper os estereotipos e de mostrar a ópera como unha proposta moito máis próxima do que en moitas ocasións está na mente do público, especialmente a idades temperás, nace fai xa catro anos o programa Ópera para nenas e nenos.
Máis de 1.000 escolares de cuarto, quinto e sexto de primaria de distintos centros da Coruña e comarca poderán gozar desta proposta que se enmarca na programación didáctica de Amigos da Ópera da Coruña desde unha perspectiva de achegarse á lírica como "unha arte por descubrir e á cultura en xeral como un medio para viaxar a través do tempo e o espazo".
O auditorio da Sede Afundación da Coruña acollerá o 20 e 21 de outubro unha proposta na que os estudantes se achegarán á ópera a través de fragmentos interpretados polo equipo de Ópera Kids. Durante unha hora, os participantes farán un percorrido a través da música, nunha actividade na que poderán participar sumando as súas voces.
O alumnado participará en talleres didácticos guiados por bombeiros da Coruña para coñecer as accións necesarias para a prevención de incendios, a evacuación e a autoprotección en situacións de emerxencias.
En concreto, explicaranlles as pautas xerais de como deben actuar ante un incendio ou nun espazo con moito fume, farán unha demostración de como se utiliza un extintor (co profesorado) e practicarán manobras de primeiros auxilios.
O Torneo de xadrez escolar "pequenos xigantes", organizado polo Concello da Coruña, é unha idea orixinal da Fundación Recuperación Materiais Diversos (RMD) e da Asociación Chess4aBetterWorld.
O torneo ten como un dos seus obxectivos transmitir os valores de respecto e coidado do medio ambiente. Por este motivo, o final do torneo levarase a cabo sobre un taboleiro de xadrez xigante realizado mediante a reciclaxe de 50 pneumáticos fóra de uso.
resultados 5
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible