Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Xogando no Laboratorio de TP (LabTP)

O espazo de TP converterase nun laboratorio de descubertas, mostras e experimentación, desenvolvendo actividades prácticas cun formato dinámico para acadar os obxectivos fixados, en prol dunha cultura ambiental, e a máxima participación.

Servizo municipal:

Participación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público

A quen vai dirixido?:

Actividade adaptada aos seguintes perfís de escolares:

  • Educación Primaria de cursos con idades comprendidas entre os 10 e os 12 anos
  • Educación Secundaria Obligatoria de cursos con idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos

Requisitos:

Número máximo de participantes: 25

Recursos materiais:

Trazado de metodoloxía e formato, dun xeito lúdico e a través da indagación participativa, seguindo o lema referente "prohibido non tocar", empregando de forma combinada:

Recursos gráficos - proxeccións, fotográfico e audiovisual

Laboratorio piloto - mostrario e medios técnicos para a observación activa e a experimentación

Faladoiros abertos - micro debates, charlas e lecturas comentadas

Cando:

Dende o 01/02/2019 ata o 31/05/2019

Día da visita adaptable á demanda do centro, de luns a venres entre febreiro e maio do 2019, excepto os días: 19, 21, 26 e 28 de febreiro, e o 7, 12 e 14 de marzo

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 25/02/2019 ata o 15/03/2019

É necesaria a confirmación previa a través do correo electrónico: tribunapublicacoruna@gmail.com

Horario:

Hora de inicio adaptable á demanda do centro, dentro do horario de mañá, de 10.00 h a 14.30 h

Duración da visita: 2 horas

Disporase de diferentes Mesas de Laboratorio (LabTP), adaptadas ao número e perfil das persoas participantes, que contarán co persoal e medios técnicos necesarios en cada caso (lupa estereoscópica, ordenador, mostras...). As/os participantes serán organizados en grupos que traballarán en cada mesa LabTP, durante un tempo estimado de 10-15 minutos, pasado o cal cada grupo rotará á seguinte LabTP, ata completar a participación de todos os grupos en todas as mesas. Segundo o número de participantes e o seu perfil, poderase desenvolver por equipos en formato xincana.

Lista de actividades orientativa (adaptarase  ao número e perfil das/os participantes) para desenvolver en cada mesa LabTP:

As verduras do mar, cantas coñeces?

Práctica adicada ao coñecemento, valores e importancia da nosa flora mariña, as súas propiedades, farmacoloxía, comestibles etc.

A despensa do mar, que atopas no mercado?

Práctica adicada ao coñecemento, valores e importancia da nosa fauna mariña: moluscos, bivalvos, equinodermos etc.

De quen é esta area?

Práctica adicada ao coñecemento, valores e importancia da xeomorfoloxía do noso litoral (praias, ría, acantilado, illas...): Areas de praias naturais vs artificiais, de dunas actuais vs dunas fósiles?...

Onde estaba o mar? E o río?

Práctica adicada ás transformacións do litoral, xénese portuaria e perda de espazos naturais, incluído o soterrado do río Monelos: puzzle do tempo, xogando coas imaxes e facendo álbumes.

Imaxinas que no 2050 o mar teña máis plásticos que peixes?

Práctica adicada á problemática dos plásticos no mar e no noso litoral, consumo insostible e contaminación: que é a plastificación do mar? O longo percorrido dun plástico polo mar. Tipos de envases, cales son as diferenzas, hainos peores e mellores? Hai alternativas aos envases de plástico? Práctica con microplásticos...

Cantos "planetas azuis" necesitas?

Práctica adicada á concienciación ambiental, á responsabilidade e repercusións das nosas accións cotiáns: Calcula a túa pegada ecolóxica.

Que contamina o litoral e o mar?

Práctica adicada a impactos ambientais no noso litoral e mar: Reconstruíndo o álbum das mareas negras. Práctica de Biomonitoreo de contaminantes coma o TBT no litoral galego...

Que é a economía circular: do residuo ao recurso?

Práctica adicada á economía lineal vs economía circular, exemplificación de produtos e procesos sostibles

Que enerxías limpas coñeces?

Práctica adicada ás distintas formas de xerar enerxía dende combustibles fósiles ata enerxías renovables, incluída a experimental bioenerxía, coa práctica de xeración de electricidade con froitas...

Lugar de comezo da visita:

Espazo "Tribuna pública", situado na praza Fábrica de Tabacos

Contacto:

Responsable de TP: Juan de Nieves

tribunapublicacoruna@gmail.com

Facebook: @tribunapublicacoruna

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión