Concello da Coruña

Concello da Coruña

Novas prazas vacantes en espectáculos de "Todo público”, oferta primavera 2021

Cando:

24 de marzo de 2021

Trátase de vacantes para o alumnado de 3º,4º,5º ou 6º de E. Primaria para o espectáculo SEMENTE. O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES o xoves 6 de maio ás 12.00h.

Debido á baixa dun centro escolar que estaba inscrito e para evitar a perda desta sesión e da contratación de compañía EM2, abrimos a inscrición para esta sesión o 6 de maio ás 12.00h.

SEMENTE. O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES, unha historia inspirada en acontecementos reais, unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.

Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial. É unha historia admirable que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando unicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.

Fronte a pandemia do coronavirus e co fin de garantir que o programa de teatro escolar se desenvolva en condicións óptimas de seguridade sanitaria, sen que perda a súa esencia e calidade, temos implantadas (ademais das xa adoptadas durante o 1º trimestre do curso) NOVAS MEDIDAS HIXIÉNICO-SANITARIAS:

  • En cada sesión só asistirán grupos dun mesmo centro escolar.
  • Os grupos escolares estarán separados polo corredor central e os/as alumnos/as sentados a 1,5 m de distancia.
  • O aforo máximo será 51 persoas.

Programa ao que pertence

  • Todo público: programación de teatro para centros escolares 2020-21. Primavera 2021

    O IMCE ofrece aos centros escolares parte da súa programación de teatro con espectáculos específicos para os distintos niveis educativos e en horario escolar no Forum Metropolitano, DE FORMA SEGURA ANTE O COVID-19.

    No presente curso 2020/2021 e debido a incerteza xerada pola aparición da pandemia do coronavirus, realízase esta nova proposta para a primavera de 2021.

    Os espectáculos dirixidos a E. Infantil e E. Primaria ofértanse ao público familiar o sábado seguinte ás 18:30h (excepto "Contos do Tesouro" e "Historias no"mar ) ey os dirixidos a E. Secundaria terán unha sesión para público xuvenil e adulto o mesmo venres ás 21.00h.

    Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión