Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

A Coruña contra o cambio climático 2020-21

O clima é un caos no que distintas variables se retroalimentan. Da súa complexísima interacción xorden moitas incertezas e escasos elementos claros. O efecto invernadoiro e a tendencia ao quecemento poden definirse polo aumento do CO2, pero tamén pode facerse a través doutros elementos antagónicos, como a neve e o reflexo da luz solar sobre a súa superficie. Un exemplo deste caos é o que ocorre co ozono. A súa valiosa contribución na estratosfera convértese nun perigoso contaminante na troposfera, a máis influente nos procesos da vida terrestre. Pero, mesmo neste caos, aparecen algunhas variables diáfanas: as emisións de CO2 son as maiores contribuíntes ao cambio climático e as actividades humanas son as responsables do sobrequecemento actual.

Servizo municipal:

Medio ambente

Tipo de actividade:

Complementaria

Obxecto:

  • Coñecer que é o efecto invernadoiro. A súa contribución para a vida e os aspectos negativos
  • Coñecer que é o buraco de ozono e a súa relevancia no cambio climático
  • Relacionar o problema actual do cambio climático co aumento das emisións de CO2 desde a era industrial
  • Os cumes do clima e as iniciativas e esixencias globais e locais.

A quen vai dirixido?:

EP (5.º e 6.º), ESO (4.º), BACH (2.º) e EE.

Áreas de interese: "Ciencias Sociais" en EP, "Cultura Científica" en ESO, "Xeografía" en BACH

Cando:

Dende o 01/10/2020 ata o 30/06/2021

Desde o 01/10/2020 ata a finalización do curso escolar

Inscricións:

Dende o 01/10/2020 ata o 16/10/2020

Ficha de solicitude

Estrutura

  • Charla interactiva: 60 min
  • Taller: 60 min
  • Saídas, conclusións e reflexión: 90 min

Como consecuencia da pandemia Covid-19 son posibles reformulacións de acordo co equipo directivo de cada colexio, en atención ás características concretas de cada centro ou dos espazos abertos, xardíns públicos etc. que poidamos visitar na saída educativa.

Contacto:

Adxudicataria do servizo: Puertas Afuera Comunicación Medioambiental y Cultural SL

educacionambiental@coruna.es

Tel.: 981 903 834

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión