Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

A Coruña: Praza Forte do Reino de Galicia 2019-20

Itinerario: Murallas do Parrote- Baluarte- Porta de San Miguel- Castelo de San Antón

Itinerario Smart: posibilidade de acceder ao percorrido virtual nesta ligazón.

Inicio: os participantes apearanse do transporte no Paseo do Parrote (altura nº 18)

Final: o transporte recollerá aos participantes na parada do Castelo de San Antón.

*No caso de dous grupos realizanzo de forma simultánea o itinerario, un deles apearase no inicio e o outro grupo na parada final.

*As paradas dos autobuses poderanse modificar en función das obras de peonalización da Avenida dá Mariña.

Duración: 90 minutos.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Situar aos/as nenos/as no contexto histórico no que a cidade foi considerada praza forte do reino de Galicia, a través das diferentes fortificaciones que se realizaron e que aínda se conservan.
  • Aprender a valorar e conservar o patrimonio histórico artístico favorecendo o coñecemento da cidade.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP.

Cando:

Ver condicións xerais do programa.

Inscricións:

Ver condicións xerais do programa.

Durante o reinado de Felipe II, a cidade pasou a converterse en forza "e garda do reino de Galicia", a situación estratéxica do seu porto debía ser resgardado de posibles inimigos.

Por iso, é a partir de finais do século XVI cando se acometen importantes reformas na cidade cuxos vestixios se poden observar neste itinerario.

Metodoloxía

A través de distintas actividades formuladas nun caderno, os participantes observarán e descubrirán diferentes símbolos e os significados da época histórica na que se desenvolve o percorrido e que se conservan neste espazo da cidade.

Competencia: cultural- artística.

  • Coñecer, valorar e gozar o contorno natural, social e cultural, e as interaccións entre eles, así como as posibilidades de defensa, mellora e conservación.
  • Coñecer, comprender, valorar e respectar, as diferentes culturas e os seus patrimonios.

Desenvolvemento

  • Parada 1: Porta do Parrote, o símbolo do Vélaro de ouro
  • Parada 2: Porta do Cravo
  • Parada 3: O Baluarte Historia de San Carlos, de baluarte a Xardín.
  • Parada 4: Porta de San Miguel, o embarcadoiro da cidade
  • Parada 5: O castelo de San Antón, de lazareto a museo (visita ao patio)

Contacto:

Susana Vara Bilbao

Tel. 981 18 42 00 ext. 12047

Fax: 981 18 43 70

Correo electrónico: educacion@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión