Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Charlas de sensiblilización 2020-21

Consideramos prioritario na formación ensinarlle ao alumnado a reflexionar sobre as consecuencias de condutas imprudentes coa finalidade de sensibilizalo sobre a realidade que supoñen os accidentes de tráfico e, deste xeito, que cheguen a asumir compromisos de comportamentos viarios apropiados.

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Obxecto:

  • Asumir a responsabilidade das condutas neglixentes no tráfico e as súas consecuencias
  • Traballar a asertividade para aprender a dicir non ante a presión do grupo
  • Percibir o risco que entraña a condución dun vehículo: bicicleta, ciclomotor, turismo...
  • Valorar a importancia da vida propia e a das demais persoas
  • Achegarse ao traballo policial co tráfico na mellora da seguridade viaria

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, BACH e FP

Recursos materiais:

Ordenador con proxector e reprodutor de vídeo

Cando:

Dende o 15/10/2020 ata o 15/06/2021

Ver condicións xerais do programa

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Horario:

De 9.00 a 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos

Os grupos de idade que abarcan estas dúas etapas educativas, secundaria e formación profesional, comprenden aqueles considerados polas estatísticas como "grupos de risco". Tendo en conta os aspectos psicolóxicos e características desta idade (etapa de autoafirmación, inestabilidade emocional, exhibicionismo, pouca experiencia na condución de ciclomotores, gran capacidade para asumir riscos sobre todo condicionados por estímulos externos como o grupo de amizades...) a nosa intervención vai dirixida a conciencialos en evitar estas condutas de risco. Por iso, centrámonos principalmente na transmisión de valores de prudencia, protección e convivencia desde o respecto á normativa e ás demais persoas.

O noso discurso nestas idades está na liña de relacionar a conduta cívica e a conduta viaria, tal e como o aseveran estudos psicolóxicos. É dicir, quen ten unha conduta cívica en todos os ámbitos da convivencia (no barrio, coa veciñanza, á hora de respectar as ordenanzas de limpeza, de horarios...), estes estudos refutan que a dita conduta correlaciona coa conduta viaria, e polo tanto, isto tradúcese nunha redución significativa da sinistralidade neste grupo de poboación. Deste xeito, nas nosas clases de educación viaria tratamos tamén temas como o botellón e a transcendencia que determinadas condutas como os estragos no mobiliario público e privado ten con respecto ao resto da poboación.

Documentos:

Charlas de sensibilización (289 KB)

Contacto:

Coordinadora da actividade de Educación Viaria: Silvia Castro Rodríguez

Policía Local - Concello da Coruña. Telf.: 981 184 200 Ext.: 54006/08

Enderezo de correo electrónico: s.castro@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión