Concello da Coruña

Concello da Coruña

Festival Ópera Prima 2020-21

Festival no que se proxectarán as curtametraxes gravadas polo alumnado de 5.º e 6.º de EP dos centros educativos públicos da cidade participantes nos "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega", coordinados e dirixidos por un/a profesional do audiovisual.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público

Obxecto:

Mostrar e premiar o esforzo do alumando participante nos "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega" de EP, nos que se pretende potenciar as competencias orais e escritas en lingua galega así como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5.º e 6.º de EP dos centros educativos da cidade participantes nos "Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega".

Cando:

Datas por determinar

Prezo / Custo:

Entrada gratuíta

CONDICIÓNS DO PROGRAMA

A entrada ao festival é libre e gratuíta.

Presentaranse as curtametraxes realizadas no programa 'Talleres de iniciación á curtametraxe en lingua galega" de EP.

O alumnado participante recibirá un diploma da realización do taller e un trofeo da Torre de Hércules para cada equipo, elaborado polo Taller de cerámica 'Kerámicos' da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM).

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200 ext. 12038

Fax: 981 184 370

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión