Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Actividade inspirada no libro de Francesco Tonucci La ciudad de los niños, que pretende que as nenas e os nenos de educación primaria participen de forma activa na mobilidade da Coruña para desenvolver e integrar condutas seguras con respecto ao tráfico e tomar conciencia da importancia do coidado do medio na nosa cidade.
Policía Local
Complementaria
Só da Coruña
Alumnado de 5.º e 6.º de EP
Dende o 15/10/2020 ata o 15/06/2021
Ver as condicións xerais do programa
Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020
Inscrición para os centros
Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"
De 9.00 a 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos
Esta actividade baséase na técnica psicopedagóxica de reforzo positivo e negativo, na procura dunha aprendizaxe significativa por descubrimento.
Neste tramo de idades as alumnas e alumnos comezan a adoptar máis autonomía como peoas e peóns e, polo tanto, maior conciencia da súa contorna, á vez que empezan a utilizar a bicicleta non só como elemento de xogo senón como vehículo. Aproveitando a súa gran curiosidade é importante guialas/os na súa interacción coa rúa, co tráfico, e aprender a participar como cidadás e cidadáns activos velando pola súa seguridade e, ao mesmo tempo, propoñendo desde unha postura crítica solucións para conseguir unha cidade cunha mobilidade amable e sustentable.
ACTIVIDADE:
A actividade consiste en dividir o alumnado en dous grupos. Un dos grupos terá un "boletín de denuncias simbólico", co que poderán denunciar todas aquelas accións que consideren inconvenientes e sancionables, mentres que o segundo grupo dispoñerá dunha flor feita na clase, que lle repartirá á cidadanía premiando as condutas cívicas e que promovan a mobilidade sustentable.
Recursos persoais:
Profesorado que acompañe o alumnado
Tempo de duración das actividades:
2 horas: 1 hora para a charla no centro e 1 hora para o percorrido
Coordinadora da actividade de Educación Viaria: Silvia Castro Rodríguez
Policía Local - Concello da Coruña. Tel.: 981 184 200 Ext.: 54006/08
Enderezo de correo electrónico: s.castro@coruna.es
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible