Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

O destino dos residuos 2019-20

Os alumnos recibirán nos días previos á actividade unha enquisa individual que deberán cubrir para a xornada presencial na aula. Na mesma haberá cuestións acerca de:

  • Colectores
  • Instalacións municipais relacionadas cos residuos (Planta de Nostián e Puntos Limpos)
  • Xeración total e porcentaxes de residuos de distinta natureza nos nosos domicilios
  • Separación selectiva
  • Destinos finais e aproveitamentos futuros dos residuos

Servizo municipal:

Medio ambente

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

Obxecto:

Obxectivos

  • Coñecer cales son as súas dúbidas achega do plan de residuos coruñés, a partir das súas enquisas.
  • Concienciar da separación en orixe de residuos.
  • Participar en tarefas de redución, reutilización e reciclaxe de residuos da escola para contribuír á conservación e mellora do medio natural.
  • Reflexionar sobre as posibles solucións e actuacións coherentes para a conservación do medio natural ante a produción de residuos.

Contidos

  • Os residuos que xeramos en casa e no colexio.
  • Os colectores da nosa cidade.
  • A separación en orixe dos residuos.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 3º e 4º de ESO.

Recursos materiais:

Proxector, computador, cuestionario.

Inscricións:

Dende o 12/09/2018 ata o 30/09/2018

Horario:

Sesión de 60 minutos de duración.

Xa na xornada na aula, reflexionarase acerca das respostas dos diferentes alumnos e proxectaranse vídeos sobre as consecuencias reais do consumo excesivo das sociedades desenvolvidas. Acompañando a cada un, mostrarase tamén mediante un audiovisual as solucións locais propostas a cada situación relacionada cos residuos.

Contacto:

Puertas Fóra Comunicación Ambiental e Cultural, S.L.

Tel.: 981903834

Correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión