Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Obradoiro de introdución á interpretación de monólogos cómicos

Acción formativa de 4 horas de duración, impartida por un/unha actor/actriz cómico/a e /ou guionista de renome, que ten como obxectivo axudar ao alumnado a pulir os textos dos seus monólogos e mellorar a súa interpretación cómica no "Concurso de monólogos cómicos en galego". 

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Concertado, Privado

A quen vai dirixido?:

Alumnado de ESO, bacharelato e FP interesado en participar no "Concurso de monólogos cómicos en galego".

Requisitos:

Estar cursando estudios de enseñanzas medias en un centro educativo de la ciudad de A Coruña. 

Cando:

Pendente de confirmación

Inscricións:

Prazo de solicitude por determinar

Prezo / Custo:

Gratuito

Contidos do obradoiro

  • Técnicas básicas para escribir comedia.
  • Estrutura do gag.
  • Formas de mellorar un texto cómico.
  • Como interpretar un texto cómico de forma natural.
  • Regras non escritas en comedia e como rompelas.
  • Trucos e experiencias persoais para actuar diante do público.

Condicións do programa

A adxudicación farase por orde de chegada das inscricións. E haberá unha lista de espera no caso de que haxa máis solicitantes que prazas.

As listas de persoas admitidas e de espera serán publicadas dous días antes do obradoiro.

O alumnado participante menor de idade ten que presentar unha autorización paterna ou do seu titor/a legal, acompañada da fotocopia do DNI da persoa que a asine.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Botana

Teléfono: 981 184 200 ext. 12041

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión