Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

"Radio Bulebule”, de Paco Nogueiras 2020-21

Logo do éxito de Brinca vai!, que obtivo o Premio Martín Códax da Música na categoría Infantil, Paco Nogueiras presentou un novo traballo de alta calidade lingüística: Radio Bulebule.

Servizo municipal:

Normalización Lingüística

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

De calquera concello

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Darlle ao alumnado unha visión útil e moderna da lingua galega.
  • Eliminar os prexuízos lingüísticos existentes na infancia sobre o galego.

A quen vai dirixido?:

Esta actividade está dirixida ao alumnado de  2.º, 3.º e 4.º de primaria dos CEIP da cidade. Se non se cubriren as prazas, abrirase un segundo prazo en que poderán participar centros de fóra da cidade. Cada aula participante deberá estar acompañada mínimo por unha persoa responsable do centro.

Cando:

Dende o 23/03/2020 ata o 27/03/2020

Este espectáculo desenvolverase nas seguintes datas, no auditorio do Centro Cívico dos Mallos:

  • luns 23 de marzo: un pase ás 12.00 h
  • mércores 25 de marzo: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h
  • xoves 26 de marzo: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h
  • venres 27 de marzo: un pase ás 10.00 e outro pase ás 12.00 h.

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 12/03/2020 ata o 20/03/2020

Para participar nesta actividade, cada centro da Coruña deberá remitir, desde o xoves 12 de marzo, un correo a inscricionslingua@coruna.es cos seguintes datos:

-Teléfono do centro, nome e mais teléfono do profesorado que vai vir á actividade acompañando o alumnado e sesión á que queren asistir.

-Número de alumnas e alumnos que van vir e indicación do curso a que corresponden.

Se non se cubriren as prazas ofertadas, o martes 17 de marzo abrirase un novo prazo onde tamén se poderán inscribir centros de fóra da cidade.

O medio radiofónico inspira os doce temas deste libro-cd-dvd que publica a editorial Kalandraka con ilustracións de David Pintor e uns videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo dirixindo que, unidos, forman unha curtametraxe. Os ritmos variados predominan nunhas cancións que se artellan como a grella de programación dunha peculiar emisora en que o falar non ten cancelas. Sintonía de entrada, axenda cultural, música, faladoiro, novas, información deportiva e previsión meteorolóxica teñen cabida, con cadanseu tema, neste orixinal proxecto.

Máis información:

Ver condicións xerais do programas Falamos 2020-21

Contacto:

Centro Ágora, lugar da Gramela, 17, 15010 A Coruña

Tel.: 981 184 200, exts. 34311, 34310 e 34321

inscricionslingua@coruna.es

Persoa coordinadora do programa Falamos: Nuria Seoane Bouzas

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión