Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Desde a sección de Educación Viaria da Policía Local da Coruña, seguindo as liñas pedagóxicas europeas, estamos a traballar dous obxectivos educativos: a seguridade viaria e a mobilidade sustentable, dous contidos inseparables.
Este é o enfoque que teñen os países con menor accidentalidade na estrada e maior calidade ambiental.
Policía Local
Complementaria
Só da Coruña
Alumnado de EP e ESO
Dende o 15/10/2020 ata o 15/06/2021
Ver condicións xerais do programa
Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020
Inscrición para os centros
Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"
De 9.00 a 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos
A mobilidade ten sen dúbida un valor positivo, pero tamén ten unha carga negativa: os accidentes de tráfico e a contaminación; esta última provoca máis de 16.000 mortes prematuras ao ano. As policías locais estamos especialmente sensibilizadas con estes problemas e levamos máis de 30 anos dedicando esforzos a educar a escolares de diferentes idades, cunha visión da educación viaria integral, inicial e permanente.
Procurando que A Coruña se converta nunha cidade máis amable co medio, máis segura e máis saudable, ofertamos esta actividade en bicicleta que ten ademais o obxectivo de mesturar a educación viaria e os contidos escolares. Xa que dispoñemos de moitos recursos para este fin, contrátase un grupo de guías oficiais de Galicia que, caracterizados de personaxes relevantes da nosa historia como María Pita, Sir Jhon Moore, Breogán ou Eusebio da Guarda, lle ensinan ao alumnado os segredos e as anécdotas que esconden as rúas e edificacións da Coruña.
Coordinadora da actividade de Educación Viaria: Silvia Castro Rodríguez
Policía Local - Concello da Coruña
Tel.: 981 184 200 | Ext.: 54006/08
Programa ao que pertence
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible