Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Taller de iniciación á curtametraxe en galego en EP

Acción de dinamización lingüística que consiste nun taller, en horario extraescolar, para aprender a redactar un guión e gravar unha curta empregando como lingua vehicular o galego.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público

Obxecto:

O obxectivo é potenciar as competencias orais e escritas en lingua galega así como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais, de forma lúdica e grupal.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 5º e 6º de EP matriculados nos centros educativos públicos da cidade

Requisitos:

Só poderán participar 4 grupos por trimestre, un por cada modalidade de horario.

A adxudicación dos grupos farase por orde de chegada das solicitudes, sempre que se cumpra o requisito do mínimo de alumnos/as. No caso de que haxa máis de 8 centros inscritos, priorizarase a aqueles que non participasen no programa nos cursos anteriores.

Os grupos formaranse cun mínimo de 7 escolares e un máximo de 15.

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de que non queden prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha lista de espera.

Cando:

Dende o 14/10/2019 ata o 07/05/2020

Período de realización: 13 semanas

Primeiro trimestre: do 14 de outubro de 2019 ao 28 de xaneiro de 2020

Segundo trimestre: do 3 de febreiro ao 7 de maio de 2020

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/09/2019 ata o 04/10/2018

Inscrición dos centros

Ficha de solicitude xeral

Do 9 de setembro ao 4 de outubro de 2019

Ficha de solicitude específica (centros)

Do 9 ao 30 de setembro de 2019

Na que solicitarán o calendario e horario preferentes, e preinscribirán o alumnado interesado.

Inscrición do alumnado

Unha vez determinado o calendario e horario de cada centro, o alumnado poderá realizar a súa inscrición do 1 ao 4 de outubro de 2019.

Lugar de inscrición: no local da ANPA ou a dirección de cada centro educativo no que se realice este programa.

Para formalizar a inscrición deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cuberta.

Unha vez iniciadas as sesións poderá haber altas coa condición de que queden prazas vacantes.

No caso de que queden grupos ou prazas libres para o segundo trimestre, abrirase un novo período de inscrición en decembro de 2019.

Horario:

luns e mércores, de 16.00 a 16.50 h

luns e mércores, de 17.10 a 18.00 h

martes e xoves, de 16.00 a 16.50 h

martes e xoves, de 17.10 a 18.00 h

Prezo / Custo:

Gratuíto

Todas as curtas gravadas serán presentadas nunha gala final, o Festival Opera Prima, que terá lugar en Ágora a finais de maio de 2020.

O alumnado recibirá un diploma expedido polo Concello da Coruña sobre a realización do curso, coa condición de que a súa asistencia o xustifique.

Máis información:

A persoa monitora do obradoiro presentaralles o contido do taller aos centros interesados, durante a primeira quincena de setembro, logo da solicitude previa ao Servizo Municipal de Educación.

Documentos:

Ficha de inscrición do alumnado (640 KB)

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Tel.: 981 184 200. Ext. 12038

educacion@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión