Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Esta ruta preséntase baixo a estrutura dun "itinerario guiado por estacións", é dicir, o/a educador/a será a persoa encargada de levar o alumnado polas catro estaciones e desenvolver con el as actividades interactivas no "Recheo" dos xardíns de Méndez Núñez.
Servizo municipal:
Educación
Tipo de actividade:
Complementaria
Localización do centro:
Só da Coruña
Titularidade do centro:
Público, Privado, Concertado
Obxecto:
Descubrir e coñecer unha parte dos Xardíns de Méndez Núñez, máis concretamente o espazo do "Recheo" así como os elementos que se atopan nel, facendo fincapé neses aspectos arquitectónicos e escultóricos.
Observar e explorar o medio urbano empregando o xogo como ferramenta para a adquisición de comportamentos cívicos.
Desenvolver unha actitude de respecto polo mobiliario urbano e o patrimonio artístico que está presente nese espazo de esparexemento.
A quen vai dirixido?:
Alumnado de 5 anos de EI
Cando:
Ver condicións xerais do programa
Inscricións:
Ver condicións xerais do programa
A arte de escoitar (no palco da música): aprender a diferenciar os sons que provocan os obxectos, a deducir os emisores de son e reproducilos imitando o seu aspecto tímbrico.
A arte de observar (arredor de estatua de Curros Enríquez): recoñecer os diferentes obxectos e personaxes que configuran a estatua de Curros Enríquez.
A arte de construír (fronte ao Kiosko Alfonso): organizar e crear a composición dos tres edificios que existen actualmente neste espazo da cidade.
A arte de comparar (arredor da estatua de Daniel Carballo): localizar e recoñecer as parellas de imaxes dos diferentes elementos que se atopan nos xardíns e que posúen os/as participantes.
Unha vez realizadas as catro actividades propostas realizarase unha pequena posta en común, onde se tratará de reforzar os contidos máis interesantes da ruta: construción do "Recheo", primitiva zona de recreo, construcións características...
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible