Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Visitas guiadas á Sala de Control Semafórico 2020-21

Esta é unha actividade lúdica, complementaria á formación en educación viaria.

A súa finalidade é achegar o alumnado ás nosas dependencias e ensinarlle o funcionamento da Sala de Control Semafórico na Estación de Autobuses, sede da Concellería de Mobilidade Sustentable.

Servizo municipal:

Policía Local

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Obxecto:

  • Descubrir como se desenvolve o traballo policial na Sala de Control Semafórico
  • Aprender os elementos básicos de articulación da rede semafórica
  • Achegar o alumnado ás dependencias policiais
  • Relacionarse coa Policía Local desde unha perspectiva formativa e colaboradora

A quen vai dirixido?:

Alumnado de todos os niveis educativos

Cando:

Dende o 15/10/2020 ata o 15/06/2021

Xestionarase en virtude da evolución da pandemia de coronavirus.

Inscricións:

Dende o 15/09/2020 ata o 06/10/2020

Inscrición para os centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica "Programas educativos de educación viaria"

Horario:

De 9.00 a 14.00 h, en función das necesidades dos centros educativos

Desde este departamento controlamos o tráfico a través de 41 cámaras situadas estratexicamente na cidade.

Ademais poderán ver o manexo dos paneis luminosos que informan as persoas condutoras da situación das vías e de todo o que pode incidir no tráfico: obras, carreiras, eventos... e sobre todo, mostrar os elementos básicos de articulación na rede semafórica.

Documentos:

Visitas guiadas á Sala de Control Semafórico (875 KB)

Contacto:

Coordinadora da actividade de Educación Viaria: Silvia Castro Rodríguez

Policía Local - Concello da Coruña

Tel.: 981 184 200 | Ext.: 54006/08

s.castro@coruna.es

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión