Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Xaque ao virus 2020-2021

Trátase dunha proposta da Federación das ANPA para o fomento da saúde mental e física adaptada á situación do confinamento familiar debido á pandemia provocada polo coronavirus.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Extraescolar

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público

É unha proposta para o fomento da saúde tanto mental como física adaptada á situación do confinamento familiar no que a sociedade española está inmersa debido á pandemia provocada polo coronavirus. A dita proposta está orientada a todas e todos os escolares inscritos nos programas municipais Deporte no centro 2020-2021 , Ocio educativo e Luditarde , para así seguir mantendo a oferta educativa para todas aquelas familias inscritas nos ditos programas.

O xogo

O xogo consiste na superación de diferentes retos semanais para conseguir unha serie de puntos ou "antivirus" necesarios para derrotar o coronavirus e avanzar postos na clasificación xeral. Os retos serán probas sinxelas que hai que superar para acumular puntos para o teu colexio. Cada reto constará de dúas probas:

  • Proba Corpo en forma: serán tarefas que teñen que ver coa actividade física e o deporte e que poderás facer en casa.
  • Proba Mente en forma: serán tarefas que fomentarán o desenvolvemento da túa creatividade. Cun pouco de imaxinación, seguro que as fas facilmente.

Os retos publicaranse no blog do xogo creado para cada colexio participante, os luns, mércores e venres ás 12.00 h. Dispós de 36 horas para realizar cada reto.

É moi sinxelo, bastará con que envíes unha foto do reto ou un vídeo ao enderezo de correo electrónico do blog do teu colexio.

Os blogs

Os enderezos dos blogs dos centros participantes son os seguintes:

  • CEIP ALBORADA: fapasalborada.blogspot.com
  • CEIP ANXO DA GARDA: fapasanxodagarda.blogspot.com
  • CEIP CIDADE VELLA: fapascidadevella.blogspot.com
  • CEIP CONCEPCIÓN ARENAL: fapasconcepcionarenal.blogspot.com
  • CEIP CURROS ENRÍQUEZ: fapascurrosenriquez.blogspot.com
  • CEIP EUSEBIO DA GUARDA: fapaseusebiodaguarda.blogspot.com
  • CEIP JOSÉ CORNIDE: fapasjosecornide.blogspot.com
  • CEIP JUAN FERNÁNDEZ LATORRE: fapasjuanfdezlatorre.blogspot.com
  • CEIP LABACA: fapaslabaca.blogspot.com
  • CEIP MANUEL MURGUÍA: fapasmanuelmurguia.blogspot.com
  • CEIP MARÍA BARBEITO: fapasmariabarbeito.blogspot.com
  • CEIP MARÍA PITA: fapasmariapita.blogspot.com
  • CEIP DE PRÁCTICAS: fapaspracticas.blogspot.com
  • CEIP RAMÓN DE LA SAGRA: fapasramondelasagra.blogspot.com
  • CEIP RAQUEL CAMACHO: fapasraquelcamacho.blogspot.com
  • CEIP ROSALÍA DE CASTRO: fapasrosaliadecastro.blogspot.com
  • CEIP SAGRADA FAMILIA: fapasagradafamilia.blogspot.com
  • CEIP SAL LENCE: fapassallence.blogspot.com
  • CEIP SALGADO TORRES: fapassalgadotorres.blogspot.com
  • CEIP SAN PEDRO DE VISMA: fapasanpedrodevisma.blogspot.com
  • CEIP SAN FRANCISCO JAVIER: fapassanfranciscojavier.blogspot.com
  • CEIP SANJURJO DE CARRICARTE: fapassanjurjodecarricarte.blogspot.com
  • CEIP VÍCTOR LÓPEZ SEOANE: fapasvictorlopezseoane.blogspot.com
  • CEIP WENCESALAO FERNÁNDEZ FLÓREZ: fapaswenceslaofdezflorez.blogspot.com
  • CEIP ZALAETA: fapaszalaeta.blogspot.com
  • IES ELVIÑA: fapaselvina.blogspot.com
  • IES MENÉNDEZ PIDAL: fapasmenendezpidal.blogspot.com
  • IES MONTE DAS MOAS: fapasmontedasmoas.blogspot.com
  • CEE MARÍA MARIÑO: fapasmariamarino.blogspot.com
  • CEE A NOSA SEÑORA DO ROSARIO: fapasrosario.blogspot.com
  • CEIP RAMÓN DE LA SAGRA LUDITARDE: ludiramon.blogspot.com

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión