Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa ao que pertence

Xardín de San Carlos: memoria dunha batalla 2019-20

Esta ruta preséntase baixo a estrutura dun "itinerario guiado por estacións", é dicir, o educador/a será o encargado de levar ao alumnado polas catro estaciones e desenvolver con eles as actividades interactivas no Xardín de San Carlos.

Servizo municipal:

Educación

Tipo de actividade:

Complementaria

Localización do centro:

Só da Coruña

Titularidade do centro:

Público, Privado, Concertado

Obxecto:

  • Entrar en contacto cun dos espazos da cidade de referencia histórica (o Xardín deSan Carlos), vencellado a un dos episodios máis dramáticos da historia da cidade, abatalla de Elviña.
  • Descubrir as diferentes especies arbóreas que están presentes nesta pequeña xoia natural da cidade, así como a lenda relacionada coa persona homenaxeada nos propio xardín, Sir John Moore.
  • Desenvolver actitudes de respeto e valorar as consecuencias negativas das guerras, a través da observación da recreación da batalla de Elviña no Museo Militar.

A quen vai dirixido?:

Alumnado de 1º de EP.

Cando:

Ver condiciones generales del programa. 

Inscricións:

Ver condiciones generales del programa. 

Trátase dun percorrido polo romántico Xardín de San Carlos, que lles permitirá descubrir a sorprendente historia que esconde a tumba do xeneral inglés Sir John Moore. Rastrexando estes xardíns, descubriremos a orixe, a historia e o misterio que garda o mausoleo situado sobre a antiga polvoreira da nosa cidade.

Divídese en dúas actividades ben diferenciadas, que se desenvolverán en espazos diferentes:

  • Xardín de San Carlos: a actividade é un xogo de pistas visuais e prantéxase paradescubrir e coñecer a través do xogo e a observación, os diferentes elementos históricos, culturais e botánicos que compoñen o Xardín de San Carlos e que esconden parte do pasado e presente da nosa cidade.
  • Museo Militar: a visita ao museo centrarase basicamente na maqueta da Batalla de Elviña, na que fai máis de douscentos anos morreu Sir Jonh Moore. Debido a que o espazo ao redor da maqueta é bastante reducido, un grupo estará a coñecer a historia arredor da maqueta e o outro realizará un xogo de coordinación-cooperación para coñecer os diferentesrangos militares do exército de terra.

Contacto:

Servizo Municipal de Educación

Ana Judel Prieto

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12038Fax: 981 18 43 7

Programa ao que pertence

Teléfono de asistencia técnica da web educativa municipal (981 902 327)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión